25/06/15
Guía de recomendacións para o verán
Unha vez rematado o cursos marchamos de vacacións pero aquí vos deixamos as nosas propostas de lecturas e outros para que o verán sexa aínda mellor. Non vos esquezades: "Un libro sempre, tamén no verán".
Boas vacacións, vémonos en setembro.
Etiquetas:
Banda deseñada,
Cine,
Guías,
Lectura,
Música,
verán 2015
22/06/15
Visita de Xurxo Souto
Invitado polo equipo de Normalización Lingüística, o pasado venres 19 de xuño visitou o noso instituto Xurxo Souto. Falou co alumnado de 4º de ESO da música galega e do Rock bravú. Ao remate agasallámolo coa camiseta da nosa bibliteca que non dubidou en estrear decontado.
Etiquetas:
Encontros con creadores,
Música
21/06/15
Encontro con escritores: Andrea Maceiras
O pasado 12 de xuño visitou o noso centro Andrea Maceiras para falar co alumnado de 2º de ESO da súa novela Miña querida Sherezade, Premio Meiga Moira 2014.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Encontros con escritores,
Lecturas,
Plan Lector
01/06/15
Teatro matemático
Este curso o alumnado de 1º de bacharelato escribiu e representou unha obra de teatro baseada en teorías matemáticas, con ela participaron na IX Feira Matemática celebrada o pasado mes de maio en Palexco (A Coruña). Esta feira está organizada pola Asosciación Galega do Profesroado de Educación Matemática (AGAPEMA).
Neste vídeo podedes ver a súa actuación.
Neste vídeo podedes ver a súa actuación.
Etiquetas:
Actividades,
Teatro,
Teatro matemático
Subscrever:
Mensagens (Atom)