14/02/08

Feliz San Valentín

Xa temos a exposición de poesía na entrada do centro. Se queres darlle a alguén un poema só tes que escoller entre os que alí aparecen,... ou escribir ti un.

07/02/08

Pasou en xaneiro



Fixácheste nos carteis que apareceron no centro ao longo do mes de xaneiro? Contaban acontecementos que sucederan durante ese mes ao longo dos séculos. Búsca os carteis no centro e fíxate ben nos acontecementos que marcan. Haberá preguntas e quizais premios ...

Encontros con escritores




O pasado 30 de xaneiro visitou o noso instituto a autora Conchi Regueiro, quen falou co alumnado de 2º de ESO da súa novela O tesouro das ánimas. O encontro resultou moi interesante pois o alumnado puido comentar coa escritora os pormenores do libro e facerlle todas as preguntas que tiñan preparadas e que xurdiran da lectura do libro.

Estamos lendo ...


O tesouro das ánimas de Conchi Regueira, novela finalista do 1° Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2004 convocado por Baía Edicións. Esta obra, sitúanos en Ponterrubiáns, unha vila imaxinaria, onde viven Natalia e Guillerme, compañeiros de clase no instituto da vila, protagonistas dunha intensa aventura na que, a partir dunha enigmática clave atopada nun peto de ánimas do lugar, tentan resolver coa axuda dun videoxogo de última xeración e dalgúns dos seus mellores amigos e amigas unha vella lenda da súa vila na que se dicía que un bispo do século XVIII agachara un tesouro non atopado aínda, e tamén a misteriosa desaparición da profesora de Historia.