20/12/13

En Nadal boas lecturas

Aquí tedes a nosas propostas de lecturas e lecer para estas vacacións. Bo Nadal!!!


12/12/13

Memorias dun neno labrego 2.0

Aquí tedes outro traballo do alumnado de 2º ESO B sobre o libro de Neira Vilas. Este fixérono Isabel, Noemí e Brais.


11/12/13

Ler Ciencia na Biblioteca


Este ano as bibliotecas escolares temos como lema "Ler Ciencia na Biblioteca Escolar" e na nosa iniciamos as actividades coa posta en marcha do club de lectura de Ciencia e a lectura do libro de Isaac Asimov Viaje Alucinante.

09/12/13

Memorias dun neno labrego

Tamén hai versións do libro en formato banda deseñada.Aquí tedes o traballo de Lucía Concheiro, Noelia Naya, Laura Ramos e Sara Rodríguez.

Memorias dun neno labrego 2.0

O alumnado de 2º de ESO vén de ler as Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Aquí van algúns dos traballos elaborados polo alumnado trasladando algúns dos episodios do libro a cómic. Traballo de Andrea Vázquez, Leticia Fernández, Aida Ortega e Sabela Torreiro. Traballo de Diego Bugliot. Traballo de Iñaki, Hugo, Bruno e Manuel.

02/12/13

Novembro de medo!!

Como todos os anos celebramos o mes de novembro e o Samaín con lecturas de textos clásicos de medo na biblioteca. Este ano a actividade foi realizada polo alumnado de 1º e 2º de ESO. Aquí podedes ver imaxes da mesma.

Lecturas de medo na biblioteca on PhotoPeach


30/06/13

Un libro sempre... tamén no verán

Como todos os anos pechamos por vacacións e deixámosvos as nosas suxestións para o tempo de lecer. Como en anos anteriores esta guía foi elaborada conxuntamente pola bibliotecas municipais e escolares do Concello de Cambre. Nesta ocasión o deseño, a maquetación e a impresión foi realizada pola Deputación provincial de A Coruña. Feliz verán e boas lecturas!!! Volvemos en setembro. Un libro sempre... tamén no verán on PhotoPeach

28/06/13

A árbore da biblioteca

Este curso comezamos un proxecto en outubro que consistiu na creación dunha árbore situada no corredor de acceso á biblioteca e que foi mudando co paso do tempo e coas diferentes celebracións do ano: Outono, Nadal, Día da Paz, San valentín, Día da Muller, Día do Libro, Letras Galegas e Medio Natural. Aquí tedes unha mostra da súa evolución. A nosa árbore on PhotoPeach

25/06/13

Roteiro literario

Aquí vos deixamos a guía que elaboramos para desenvolver o roteiro.

24/06/13

Roteiro literario do Club de lectura

Este curso o noso club de lectura estivo irmandado co do IES Miraflores de Oleiros e para poñer o ramo a actividade fixemos un Roteiro literario seguindo os pasos dos protagonistas das novelas The Corunna boats de Xelís de Toro e A coroa de Napoleón de Jaureguizar. A actividade tivo lugar o luns 17 de xuño e nela percorremos algúns dos lugares onde se desenvolveron os feitos históricos que relatan as novelas como a Ponte do Burgo, Elviña e diversos puntos da cidade de A Coruña. Ademais, posto que este ano celebramos o cento cincuenta aniversario de Cantares gallegos, rendemos homenaxe a Rosalía recitando o poema que a escritora escribiu sobre Sir John Moore e percorremos algúns lugares transitados en vida pola escritora como a súa casa ou o Parrote. Mágoa que o tempo non nos acompañara e comezara a chover durante o noso percorrido, o cal nos obrigou a cambiar de escenario algunha das lecturas. Velaquí tedes algúns momentos do roteiro. Roteiro literario conxunto Cambre/Oleiros on PhotoPeach

14/06/13

Para Lola

O pasado 5 de xuño celebramos o Día do Medio Natural. Estes últimos cursos para nós esta data é o remate dunha actividade que o Departamento de Relixión organiza xunto coa Biblioteca e que consite na recollida de tapóns para unha causa solidaria. Este ano a recollida de tapóns foi para Lola. Ademais a actividade pretende reflexionar sobre a cantidade de lixo que xeneramos e mentalizarnos da necesisade dun mundo máis sostible e solidario. A semana pasada realizamos con todos os tapóns recollidos o debuxo que vedes nas fotografías. Aquí tedes: Un mundo para Lola. Para Lola on PhotoPeach

13/06/13

Club de lectura de 2º de ESO

Aquí vos deixamos as actividades realizadas polo Club de lectura de 2º de ESO.

19/05/13

Recitando a Rosalía: Xan

As alumnas de 1º ESO B recitan o poema Xan de Rosalía de Castro.

16/05/13

Letras galegas 2013

Este é un dos traballos que o alumnado de 2º de bacharelato realizou sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño.

Roberto Vidal Bolaño from biblio a3p on Vimeo.

15/05/13

Cantares gallegos cumpre 150 anos

Cúmprense 150 anos da publicación da obra de Rosalía de Castro, Cantares gallegos, obra fundamental na historia da nosa literatura contemporánea. A obra foi publicada na primavera de 1863 e, aínda que non se sabe exactamente a data da súa saída do prelo, tradicionamente consideramos o 17 de maio como o día deste acontecemento debido a unha dedicatoria que a autora escribiu nese día para dedicarlle a obra a outra escritora da época, Fernán Caballero. Foi por iso que no ano 1963 un grupo de intelectuais propuxo dedicar este día á conmemoración da nosa literatura. Cúmprense, así, neste ano os 50 anos da instauración desta data: o Día das Letras Galegas. Para conmemorar estes feitos aquí tedes un dos poemas máis populares do libro recitado por alumnas de 1º de bacharelato C.

Adiós, ríos, adiós, fontes from biblio a3p on Vimeo.

12/05/13

O noso patrimonio I

Abrimos unha serie de publicacións de traballos realizados polo alumnado da materia Historia de Galicia de 2º de bacharelato sobre o nos patrimonio artístico. Aquí tedes a primeira entrega sobre os Petos de ánimas.

23/04/13

Canto sabes de libros?


Aquí tes as preguntas do concurso:


   1.       De que autor universal celebramos en 2012 o 200 aniversario do seu nacemento?
   2.       Cal foi o primeiro libro da historia impreso nunha imprenta?
   3.       Por que se escolleu o 23 de abril para conmemorar o Día Internacional do Libro?
   4.       Que libro fundamental da literatura galega cumpre 150 anos neste 2013?
   5.       Que autor levou a Alicia ao país das marabillas e fixo que cruzara un espello?
   6.       Que autora gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil coa súa novela Donde los árboles cantan?
   7.       Cal é autor de literatura infantil e xuvenil en galego máis premiado?
   8.       Que autor fixo viaxar aos seus personaxes Da terra á lúa?
   9.       Que autor galego recreou o mundo artúrico na selva de Esmelle?
  10.   Que autora contemporánea levou ao seu personaxe de Morgana á devandita selva?
  11.   Onde se desenvolve a trama da novel Pedro Páramo?
  12.   Que autor foi o primeiro en introducir o personaxe dun vampiro na súa obra?
  13.   En 1913 publicouse un libro dun famoso e prolífico poeta galego. Como se chama este libro? Quen é o seu autor?
  14.   Katniss, Peeta e Gale son os protagonistas dunha triloxía literaria moi coñecida. Con que título coñecemos eta triloxía?
  15.   “Tusitala” significa “contador de historias” en samoano. Así chamaron os samoanos a un escritor escocés autor de dúas das novelas máis populares de todos os tempos. Quen é ese autor? Cal é a súa obra máis coñecida?
  16.   A coroa de Napoleón e The Corunna boats teñen en común un acontecemento histórico. Cal é?
  17.   Indica un autor/a de literatura galega e outro/a de literatura castelá que aparezan na prestixiosa lista White Ravens.
  18.   Un dos institutos de Oleiros leva o nome dun famoso escritor galego. Cal é o seu libro máis coñecido?
  19.   Que escritor castelán utilizou o pseudónimo de Fígaro?
  20.   Que autor en castelán foi o autor da primeira novela transmedia?

21/04/13

Día do Libro. Canto sabes de libros?

Este ano realizamos un concurso conxunto co IES Miraflores de Oleiros para celebrar o Día do Libro. Aquí tedes o cartel do concurso e podedes consultar as bases. Participade!!!

Bases:

      1.       Poderá participar todo o alumnado dos IES Miraflores de Oleiros e David Buján de Cambre.      
      2.       A participación deberá ser en equipos de catro membros como máximo.
      3.       O concurso terá una duración de catro días, desde o 23 ao 26 de abril de 2013.
      4.       O concurso consistirá en responder a 20 preguntas relacionadas cos libros e a literatura.
      5.       O día 23 de abril publicaranse as preguntas nos blogues da biblioteca de cada instituto.
      6.       As respostas deberán ser enviadas por correo electrónico ao enderezo:      bibliotecaestacioncentral@gmail.com
      7.       No correo deberá figurar como asunto “para o concurso literario”, e no corpo do mesmo deberán figurar os nomes dos membros do grupo xunto co curso e o instituto no que están matriculados.
      8.       As respostas poderán incluírse no correo como un arquivo adxunto.
      9.       Os resultados publicaranse o día 29 de abril nos blogues das bibliotecas dos dous centros. Cada resposta correcta obterá 1 punto. Gañará o equipo que consiga máis puntos.
     10.    En caso de empate, ao remate do concurso celebrase un desempate que será anunciado nos blogues ao mesmo tempo cós resultados.
     11.   En caso de reclamación, esta farase por escrito e entregarase na secretaría do instituto ao día seguinte da publicación dos resultados.
     12.   O equipo gañador de cada centro participará no roteiro literario conxunto que se realizará a final de curso.

18/04/13

Día Internacional do Teatro no IES David Buján

Para conmemorar o Día Internacional do Teatro, o pasado martes 9 de abril, o grupo de traballo da Biblioteca do IES David Buján organizou unha dobre actividade. Na primeira, un grupo de alumnos escenificaron unha tarde de picnic no vestíbulo do centro. Esta performance buscaba sorprender ao alumnado e promover a súa reflexión sobre a contaminación -acústica, ecolóxica e humana- que xeramos cando nos reunimos nunha celebración.
Na segunda actividade, catro grupos de alumnos de 3º ESO B levaron o teatro ás aulas. Cunhas sinxelas adaptacións de El Lazarillo de Tormes e do Misterio Bufo de Darío Fo, interrumpiron a rutina das clases cun espectáculo inesperado para os seus compañeiros.














Microteatro no IES David Buján:

15/03/13

Concurso: Pistas venres 15 de marzo


   1.  Desde moi nova destacou polo seu virtuosismo como pianista e compositora. 
   2.  Morreu aos 41 anos dun derrame cerebral. 
   3.  Moitas das súas composicións foron publicadas baixo o nome do seu famoso irmán. 
  4.  Nos salóns musicais que organizaba presentou a obra de Mozart, Bach ou Beethoven ao público de Berlín. 
  5.  En 1829 casou cun pintor alemán, que a animou a continuar coa súa carreira musical.



1. Viviu no século XII.
2. Foi abadesa e defendeu sempre a independencia do seu mosteiro.
3. Foi escritora, pintora, música, médica, farmacéutica e teóloga.
4. Defendía a pobreza, a austeridade, a oración e a caridade.
5. En 2012 foi nomeada doutora da Igrexia.



1.     Naceu na Coruña no século XIX e morreu no século XX.
2.     Pertenceu ao Instituto de Estudios Galegos e a Real Academia Galega.
3.     Estudou na Escola Normal da Coruña, obtendo o número 1 da súa promoción.
4.     Fundou institucións benéficas como “ O neno descalzo” e “O comedor e roupeiro da Guarda”.
5.     Foi represaliada polo franquismo e apartada da docencia no ano 1937. 

1.     Nace en Moscú a mediados do século XIX.
2.     Foi a primeira muller profesora universitaria de matemáticas.
3.     O matemático alemán Karl Weierstrass foi o seu mestre e amigo.
4.     Foi premiada pola Academia de Ciencias de París polo seu traballo sobre o problema de rotación dun corpo sólido ao redor dun punto fixo baixo a influencia da forza da gravidade.
5.     Escribiu tamén novelas e obras de teatro.



1.       Está considerada “o primeiro escritor profesional” da historia.
2.       Viviu en Venecia dacabalo entre os séculos XIV e XV.
3.       Cos seus escritos tentou loitar contra a misoxinia da época.
4.       O seu libro máis importante foi publicado en galego no 2004 pola editorial Sotelo Blanco.
5.       Toda a súa produción literaria defende unha sociedade nova e un novo espazo para as mulleres.

14/03/13

Concurso: Pistas xoves día 14 de marzo


    1.   A súa primeira actuación en público como cantante foi nunha voda en 1600.
    2. Non hai acordo sobre a data da súa morte. Unhas fontes sitúana  en 1630 aínda que outras en 1640.
   3. Obtivo un dos seus maiores éxitos en 1625,cunha ópera composta para a visita do príncipe Ladislaus Sigismondo.
    4 . Escribiu música para moitos intermedios na Corte dos Médicis.
  5. A pesares de compoñer obras seculares, relixiosas, vocais e instrumentais. A única colección que perdura é unha publicación de 1618.


1.  Naceu nun pobo de Cabo Verde.
2.  José da Silva persuadiuna para ir a Paris.
3.  A súas cancións falan en xeral da longa e amarga historia de illamento do país e do comercio de escravos, así como da emigración.
4.  O presidente de Francia Jacques Chirac outorgoulle a medalla da Lexión de Honra.
5.  É coñecida como “a diva dos pés descalzos”.



   1.  Naceu en Roma en 1905. 
   2.  Foi pioneira do tenis feminino en España. 
  3.  Participou entre outros nos torneos de Winbledon e Rolan Garros. 
  4.  Utilizou por vez primeira unha saia-pantalón no torneo de Wimbledon. 
   5.  Publicou en Londres o libro Modern lawn tennis





1.  A súa actitude deu comezo á loita 
polos dereitos civís en Estados Unidos. 
2.  Era costureira. 
3.  No 1999 foille concedida a medalla de ouro 
do Congreso Norteamericano. 
4.  Morreu en 2005 aos 92 anos. 
5.  Á súa morte recibiu honores reservados 
aos Presidentes dos Estados Unidos.




    1.  Xeóloga, xestora científica e política española. 
    2.  Foi a terceira muller catedrática de España. 
 3.  Especializouse en sedimentología e estratigrafía do Triásico e do Pérmico. 
  4.  Foi decana da Facultade de Ciencias Geológicas. 
   5.  Recibiu a distinción de Oficial da Lexión de Honor de Francia.




13/03/13

Concurso: Pistas mércores 13 de marzo


      1.    Alumna de Nadia Boulanger.
      2. García Lorca dedicoulle un poema.
     3. Estreou con M. de Falla a versión a catro mans de Noites nos xardíns de España (Paris, 1921)
    4. Abriu unha galería de arte en México onde Remedios Varo, en 1956, realizou a súa primeira exposición individual.
     5. Obras súas son: Española, Preludios,Tango, e Petite suite.



1.  Forma parte dun pequeno grupo de trobairitz (trobadoras) que compoñían música secular nos séculos XII e XIII.

 2.  Dedicou algunhas das súas obras ao trobador Raimbaut de Orange.
3.  Os seus poemas a miúdo eran acompañados pola música dunha frauta. 
4.  Súa é a única peza trobadoresca de autoría feminina.
 5.  O seu nome era Beatriz.



    1.  Foi alumna de Gabriel Fauré

    2.  Abandonou a súa carreira de compositora ao morrer a súa irmá pequena, Lili.
    3.  Foi clave na recuperación da obra de Monteverdi nos anos 30 de século XXX.
   4.  Dirixiu as principais orquestas sinfónicas americanas.
   5.  Entre os seus alumnos estiveron Daniel Baremboim, Aaron Copland ou Astor Piazzola.


   1.      A súa nai era unha pintora de grande talento, a súa irmá xemea foi unha coñecida pintora e o irmán maior un famoso arquitecto.
 2.     Na década dos sesenta dirixiu o Centro de Investigación Neurobiolóxica de Roma.
  3.     No ano 1983 foi premiada co premio Louisa Gross Horwitz da Universidade de Columbia xunto a Stanley Cohen e Victor Hamburger.
 4.     Foi investida Doctora “honoris causa” pola Universidade Complutense de Madrid.
  5.     Déronlle o Premio Nobel  de Medicina e Fisioloxía xunto ao seu colaborador polos traballos sobre os factores de crecemento nervioso.


1.     A primeira maratón na que participou foi na Maratón de Boston de 1967.
2.     Dedicase a loitar contra a desigualdade entre mulleres e homes.
3.     No plano deportivo correu 35 maratones.
4.     Gañou o maratón de New York.
5.     Está entre as dez primeiras mulleres coa mellor marca do mundo.














12/03/13

Concurso: Pistas martes 12 de marzo




  
    1.  Estudou física na Universidade de Viena.
    2.  Descubriu un novo elemento químico.
    3.  É unha das figuras máis importantes da física moderna e foille injustamente negado o premio Nobel de Química de 1944.
     4.  Loitou toda a súa vida polo uso pacífico da enerxía atómica.
     5.  O elemento químico de número atómico 109 leva o nome no seu honor.



   1.  A súa carreira literaria comeza baixo diversos pseudónimos.
   2.  En Kenia explotou unha plantación de café.
   3.  En 1931, a morte do seu amante e a baixa nos mercados internacionais do prezo do café obrigárona a volver a Europa.
   4.  Unha das súas obras foi levada ao cine por Sydney Pollack.
   5.  Un asteroide leva o seu nome no seu honor.





1.  O 8 de xuño de 1901 casou na Coruña co nome de Mario Sánchez. 
2.   A súa unión matrimonial tivo lugar 100 anos antes da aprobación do matrimonio homosexual en España.

3.   Estudou na Escola Normal de Mestras de A Coruña, onde coñeceu a súa parella.
 4.   Foi encarcerada en Oporto e despois liberada.
 5. A súa vida está narrada nun libro de Narciso de Gabriel. 






     1. Naceu en Zaragoza o 29 de decembro de 1975.
     2. Aos 19 anos padeceu unha neuropatía que a fixo perder a mobilidade.
     3. O seu palmarés ten 22 medallas.
     4. O 31 de xaneiro do 2013 viaxou a sede do Comité Paralímpico Internacional en Bonn para presentar o dossier da candidatura de Madrid para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos do ano 2020.
     5. Foi condecorada coa Real Orde do Mérito Deportivo.





1.   Cantante e compositora italiana do Barroco.
2.   Foi invitada a cantar e participar nos grupos de discusión na Academia dos unísonos.
3.   Un dos seus mecenas foi Fernando II de Austria.
4.   A gran maioría da súa obra foi escrita para ser interpretada por ela mesma.
5.   A súa música está profundamente arraigada na técnica denominada segunda práctica.