25/06/10

Bo verán!! Pechamos por vacacións.

Un verán máis velaquí a nosa guía conxunta que este ano leva o suxerinte nome de “Lecturas burbullantes para o verán” e que recolle as propostas de lectura de todos os centros escolares e as bibliotecas municipais coa colaboración do concello de Cambre. Nela atoparedes suxestións para todas as idades e un apartado para compartir coa familia e os amigos e amigas. Aparte das xa mencionadas bibliotecas municipais, este ano participamos a Escola infantil, o CEIP Portofaro, o CEIP O Graxal, o CEIP Torrente Ballester, o CEIP Emilio González López, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez, o IES Afonso X O Sabio e o IES David Buján.
Esperamos que vos guste, ademais de nos nosos blogs podédela consultar no enderezo: www.cambre.org
Boas vacacións e bo verán, vémonos en setembro.

Homenaxe a Rosalía

Como conmemoración do 125 aniversario do pasamento de Rosalía o alumnado de 1º de bacharelato recitou uns poemas da autora para poñer o ramo ao curso 2009-2010. Nete vídeo podedes ver unha mostra.