25/06/15

Guía de recomendacións para o verán

Unha vez rematado o cursos marchamos de vacacións pero aquí vos deixamos as nosas propostas de lecturas e outros para que o verán sexa aínda mellor. Non vos esquezades: "Un libro sempre, tamén no verán". Boas vacacións, vémonos en setembro.

22/06/15

Visita de Xurxo Souto

Invitado polo equipo de Normalización Lingüística, o pasado venres 19 de xuño visitou o noso instituto Xurxo Souto. Falou co alumnado de 4º de ESO da música galega e do Rock bravú. Ao remate agasallámolo coa camiseta da nosa bibliteca que non dubidou en estrear decontado.


21/06/15

Encontro con escritores: Andrea Maceiras

O pasado 12 de xuño visitou o noso centro Andrea Maceiras para falar co alumnado de 2º de ESO da súa novela Miña querida Sherezade, Premio Meiga Moira 2014.

01/06/15

Teatro matemático

Este curso o alumnado de 1º de bacharelato escribiu e representou unha obra de teatro baseada en teorías matemáticas, con ela participaron na IX Feira Matemática celebrada o pasado mes de maio en Palexco (A Coruña). Esta feira está organizada pola Asosciación Galega do Profesroado de Educación Matemática (AGAPEMA).

Neste vídeo podedes ver a súa actuación.