23/04/13

Canto sabes de libros?


Aquí tes as preguntas do concurso:


   1.       De que autor universal celebramos en 2012 o 200 aniversario do seu nacemento?
   2.       Cal foi o primeiro libro da historia impreso nunha imprenta?
   3.       Por que se escolleu o 23 de abril para conmemorar o Día Internacional do Libro?
   4.       Que libro fundamental da literatura galega cumpre 150 anos neste 2013?
   5.       Que autor levou a Alicia ao país das marabillas e fixo que cruzara un espello?
   6.       Que autora gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil coa súa novela Donde los árboles cantan?
   7.       Cal é autor de literatura infantil e xuvenil en galego máis premiado?
   8.       Que autor fixo viaxar aos seus personaxes Da terra á lúa?
   9.       Que autor galego recreou o mundo artúrico na selva de Esmelle?
  10.   Que autora contemporánea levou ao seu personaxe de Morgana á devandita selva?
  11.   Onde se desenvolve a trama da novel Pedro Páramo?
  12.   Que autor foi o primeiro en introducir o personaxe dun vampiro na súa obra?
  13.   En 1913 publicouse un libro dun famoso e prolífico poeta galego. Como se chama este libro? Quen é o seu autor?
  14.   Katniss, Peeta e Gale son os protagonistas dunha triloxía literaria moi coñecida. Con que título coñecemos eta triloxía?
  15.   “Tusitala” significa “contador de historias” en samoano. Así chamaron os samoanos a un escritor escocés autor de dúas das novelas máis populares de todos os tempos. Quen é ese autor? Cal é a súa obra máis coñecida?
  16.   A coroa de Napoleón e The Corunna boats teñen en común un acontecemento histórico. Cal é?
  17.   Indica un autor/a de literatura galega e outro/a de literatura castelá que aparezan na prestixiosa lista White Ravens.
  18.   Un dos institutos de Oleiros leva o nome dun famoso escritor galego. Cal é o seu libro máis coñecido?
  19.   Que escritor castelán utilizou o pseudónimo de Fígaro?
  20.   Que autor en castelán foi o autor da primeira novela transmedia?

21/04/13

Día do Libro. Canto sabes de libros?

Este ano realizamos un concurso conxunto co IES Miraflores de Oleiros para celebrar o Día do Libro. Aquí tedes o cartel do concurso e podedes consultar as bases. Participade!!!

Bases:

      1.       Poderá participar todo o alumnado dos IES Miraflores de Oleiros e David Buján de Cambre.      
      2.       A participación deberá ser en equipos de catro membros como máximo.
      3.       O concurso terá una duración de catro días, desde o 23 ao 26 de abril de 2013.
      4.       O concurso consistirá en responder a 20 preguntas relacionadas cos libros e a literatura.
      5.       O día 23 de abril publicaranse as preguntas nos blogues da biblioteca de cada instituto.
      6.       As respostas deberán ser enviadas por correo electrónico ao enderezo:      bibliotecaestacioncentral@gmail.com
      7.       No correo deberá figurar como asunto “para o concurso literario”, e no corpo do mesmo deberán figurar os nomes dos membros do grupo xunto co curso e o instituto no que están matriculados.
      8.       As respostas poderán incluírse no correo como un arquivo adxunto.
      9.       Os resultados publicaranse o día 29 de abril nos blogues das bibliotecas dos dous centros. Cada resposta correcta obterá 1 punto. Gañará o equipo que consiga máis puntos.
     10.    En caso de empate, ao remate do concurso celebrase un desempate que será anunciado nos blogues ao mesmo tempo cós resultados.
     11.   En caso de reclamación, esta farase por escrito e entregarase na secretaría do instituto ao día seguinte da publicación dos resultados.
     12.   O equipo gañador de cada centro participará no roteiro literario conxunto que se realizará a final de curso.

18/04/13

Día Internacional do Teatro no IES David Buján

Para conmemorar o Día Internacional do Teatro, o pasado martes 9 de abril, o grupo de traballo da Biblioteca do IES David Buján organizou unha dobre actividade. Na primeira, un grupo de alumnos escenificaron unha tarde de picnic no vestíbulo do centro. Esta performance buscaba sorprender ao alumnado e promover a súa reflexión sobre a contaminación -acústica, ecolóxica e humana- que xeramos cando nos reunimos nunha celebración.
Na segunda actividade, catro grupos de alumnos de 3º ESO B levaron o teatro ás aulas. Cunhas sinxelas adaptacións de El Lazarillo de Tormes e do Misterio Bufo de Darío Fo, interrumpiron a rutina das clases cun espectáculo inesperado para os seus compañeiros.














Microteatro no IES David Buján: