19/05/09

Letras galegas 2009 (4)

Grazas a Belén Regueira por mostrarnos a realidade lingüística dos nosos nenos e nenas.

18/05/09

Letras galegas 2009 (3)



DEITADO FRENTE AO MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque quero,
porque me gosta,
me peta e dame a gaña,
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
preto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós baleiros ,
non falo prós estupidos,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non quero arredar as miñas verbas de
todo os que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, (terra miña,
berce da miña estirpe,)
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

Celso Emilio Ferreiro

17/05/09

Letras galegas 2009 (2)

Hoxe dedícase o día das Letras Galegas ao escritor Ramón Piñeiro, os rapaces e rapazas do CEIP Rosaía de Castro de Xinzo de Limia resumen a súa vida e obra para todos vós.


"Para que unha comunidade humana teña categoría de pobo, para que teña unidade íntima e transcendente, ha de ter unha alma de seu. E un pobo ten alma de seu cando posúe idioma, cando fala nunha lingua propia, que tal é o que significa a palabra idioma. A lingua vén a ser a alma viva do pobo que a fala, vén a ser a súa comunidade esencial." Ramón Piñeiro

16/05/09

Letras galegas 2009



O RAP DA LINGUA (MIGALLAS)
QUE FALEMOS EN GALEGO
É UNHA COUSA NATURAL,
COMA A CHUVIA NO INVERNO
E A CALOR NO VERÁN.
EN GALEGO! XA! SI! (BIS)
AINDA HAI PAIS QUE NON LLES FALAN
ÓS SEUS FILLOS EN GALEGO
PORQUE PENSAN QUE É UNHA LINGUA
PARA POBRES E "PALETOS".
AOS TEUS PAIS ANIMARÁS
A FALARCHE EN GALEGO,
QUE NON CHE VAN SAÍR GRANS
NIN TAMPOUCO CAE O PELO.
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE Ó IR Ó INSTITUTO
NON QUEREN FALAR GALEGO
PORQUE DIN QUE É MONTUNO.
MAIS SE ALGUÉN CHE FAI TILÍN
E O QUERES NAMORAR
FAILLE AS BEIRAS EN GALEGO,
DE SEGURO LIGARÁS!
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE QUEREN FALAR GALEGO
PERO AÍNDA NON O FALAN
PORQUE DIN QUE TEÑEN ERROS.
ANQUE O FALES TODO O DÍA
NON CHE PODE SENTAR MAL.
NIN DÁ MOCOS, NIN DÁ FEBRE.
FAI A PROBA E XA VERÁS!
FALEMOS A NOSA LINGUA
QUE É UNHA LINGUA MOI MODERNA,
NAS ESCOLAS E NAS CASAS
NAS CIDADES E ALDEAS.
En galego! Xa! Si!

13/05/09

Encontros con escritores: Francisco Fernández Naval

O pasado luns veu ao noso instituto Francisco Fernández Naval, estívonos contando como creou o seu personaxe Suso Espada, protagonista do libro de lectura do terceiro trimestre do alumnado de 4º de ESO, Suso Espada:Istambul e o cabaliño de ouro. Comentounos outras aventuras do mesmo protagonista, un investigador privado na liña dos famosos protagonistas das novelas de Dashiell Hammett ou Raymond Chandler. Despois respondeu a todas as preguntas que os lectores e lectoras lle realizaron.

06/05/09

Entrega de premios do Megacertame 2009

Onte entregamos os premios da décimo primeira edición do Megacertame, o concurso máis popular do instituto. Este ano establecéronse dous premios un para o mellor equipo de 1º Ciclo de ESO e outro para o mellor equipo do 2º Ciclo de ESO. Os gañadores foron: O equipo "No sabemos" formado por Juan Paradelo Pérez, Renán Rivera Cugler, Daniel Rouco Fernández e Joaquín Paradelo Pérez de 1º de ESO e o equipo "Ragnarok" formado por Ignacio Márquez Albes, Carlos Vázquez Sánchez, Estela Rouco Fernández e Xulia Vicente Jiménez de 4º de ESO. Parabéns a todos os participantes nesta convocatoria e en especial aos premiados.

04/05/09

Cadea poética por Mario Benedetti

Sabemos pola prensa do delicado estado de saúde de Mario Benedetti e desde a nosa biblioteca queremos sumarnos á cadea poética por Mario Benedetti.
A actividade parte do blog da Fundación José Saramago e preténdese recitar poesía de Benedetti por todo o mundo, para así axudalo neste mal momento que está a pasar.
Se queres coñecer a súa obra preme nesta ligazón.
Aquí tedes a versión que do seu poema "Yo no te pido" fixo o cantautor cubano Silvio Rodríguez.

Lemos poesía

El poema de Goytisolo -Palabras para Julia- es un canto a la lucha por la supervivencia, cuando todo lo que nos rodea son dificultades:

“(..) Te sentirá acorralada,
Te sentirás perdida o sola,
Tal vez querrás no haber nacido.
Yo sé muy bien que te dirán
Que la vida no tiene objeto,
Que es un asunto desgraciado.
Entonces siempre acuérdate
De lo que un día yo escribí
Pensando en ti como ahora pienso (…)”

De este poema se han hecho múltiples versiones musicales, cada canción te lo transmite de diferente forma, como la versión rock de Los suaves, la de El Muchachito estilo rumba y la de Raimundo con Veneno, Muchachito y Peret en flamenco.
La que más me gusta es la de El Muchachito, le da vida, ritmo, te transmite esperanza, animo, que cualquiera puede luchar y lograr cualquier obstáculo, siempre hay una solución.
Leticia Pereira Muiños 4º PDC