30/06/13

Un libro sempre... tamén no verán

Como todos os anos pechamos por vacacións e deixámosvos as nosas suxestións para o tempo de lecer. Como en anos anteriores esta guía foi elaborada conxuntamente pola bibliotecas municipais e escolares do Concello de Cambre. Nesta ocasión o deseño, a maquetación e a impresión foi realizada pola Deputación provincial de A Coruña. Feliz verán e boas lecturas!!! Volvemos en setembro. Un libro sempre... tamén no verán on PhotoPeach

28/06/13

A árbore da biblioteca

Este curso comezamos un proxecto en outubro que consistiu na creación dunha árbore situada no corredor de acceso á biblioteca e que foi mudando co paso do tempo e coas diferentes celebracións do ano: Outono, Nadal, Día da Paz, San valentín, Día da Muller, Día do Libro, Letras Galegas e Medio Natural. Aquí tedes unha mostra da súa evolución. A nosa árbore on PhotoPeach

25/06/13

Roteiro literario

Aquí vos deixamos a guía que elaboramos para desenvolver o roteiro.

24/06/13

Roteiro literario do Club de lectura

Este curso o noso club de lectura estivo irmandado co do IES Miraflores de Oleiros e para poñer o ramo a actividade fixemos un Roteiro literario seguindo os pasos dos protagonistas das novelas The Corunna boats de Xelís de Toro e A coroa de Napoleón de Jaureguizar. A actividade tivo lugar o luns 17 de xuño e nela percorremos algúns dos lugares onde se desenvolveron os feitos históricos que relatan as novelas como a Ponte do Burgo, Elviña e diversos puntos da cidade de A Coruña. Ademais, posto que este ano celebramos o cento cincuenta aniversario de Cantares gallegos, rendemos homenaxe a Rosalía recitando o poema que a escritora escribiu sobre Sir John Moore e percorremos algúns lugares transitados en vida pola escritora como a súa casa ou o Parrote. Mágoa que o tempo non nos acompañara e comezara a chover durante o noso percorrido, o cal nos obrigou a cambiar de escenario algunha das lecturas. Velaquí tedes algúns momentos do roteiro. Roteiro literario conxunto Cambre/Oleiros on PhotoPeach

14/06/13

Para Lola

O pasado 5 de xuño celebramos o Día do Medio Natural. Estes últimos cursos para nós esta data é o remate dunha actividade que o Departamento de Relixión organiza xunto coa Biblioteca e que consite na recollida de tapóns para unha causa solidaria. Este ano a recollida de tapóns foi para Lola. Ademais a actividade pretende reflexionar sobre a cantidade de lixo que xeneramos e mentalizarnos da necesisade dun mundo máis sostible e solidario. A semana pasada realizamos con todos os tapóns recollidos o debuxo que vedes nas fotografías. Aquí tedes: Un mundo para Lola. Para Lola on PhotoPeach

13/06/13

Club de lectura de 2º de ESO

Aquí vos deixamos as actividades realizadas polo Club de lectura de 2º de ESO.