29/09/10

Día Internacional da Tradución

O 30 de setembro celébrase o Día Internacional da tradución porque é o día de San Xerome quen está considerado o primeiro tradutor pois traduciu a Biblia ao latín no ano 383 e ademais defendeu a tradución no que se considera o primeiro tratado de tradutoloxía.
O certo é que sen os tradutores non poderiamos coñecer as obras que se escriben noutras linguas. Grazas a eles/elas polo seu traballo e vaia esta presentación coma homenaxe no seu día.

21/09/10

Comezamos un novo curso!

Benvidos ao novo curso! Comezamos a nosa andaina con ilusión e agardando que coma sempre colaboredes connosco nas diferentes actividades que vos propoñemos desde a Biblioteca A3P. Para comezar con ritmo, aquí tedes unha invitación a continuar lendo que nos fan desde unha escola dos Estados Unidos de Norteamérica parafraseando unha popular canción dos Black Eyed Peas. Pois iso, continuemos lendo e gozando da lectura.