24/12/12

Bo Nadal

Desde a nosa biblioteca queremos desexarvos un Feliz Nadal e boas lecturas para o 2013.

21/12/12

Guía de Nadal 2012

Outro Nadal máis aquí tedes a Guía de prospostas para o tempo de lecer que elaboramos as bibliotecas municipais e escolares de Cambre. Bo Nadal

Recitando a Celso Emilio

Secundamos a proposta da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüistica pechando o ano Celso Emilio co recitado do seu poema "Deitado fronte ao mar" o día 12 do XII deste 2012, ás 12h. O poema foi recitado en todas as aulas, aquí tedes un vídeo do recitado do alumnado de 2º de Bacharelato C.

Recitando a Celso Emilio from biblio a3p on Vimeo.

20/12/12

Visitamos a Cidade da Cultura

O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato visitou a Cidade da Cultura en Santiago. O obxecto desta visita foi percorrer as exposicións "Gallaecia petrea" e "Códices: xoias das catedrais galegas na Idade Media".

Dereitos Humanos

Celebramos o 10 de decembro o Día dos Dereitos Humanos cunha exposición de viñetas relativas aos mesmos.

25/11/12

25 de novembro.Día Internacional contra a violencia de xénero

Estes son algúns dos traballos realizados polo alumnado de 1º e 2º de ESO como denuncia da violencia machista. 25 de novembro. Día Internacional contra a violencia de xénero on PhotoPeach

15/11/12

Que Medo!!!!

Celebramos o Samaín cunha lectura de textos de medo na biblioteca. Dúas alumnas de 1º de bacharelato leron textos de Bécquer, Poe, Stocker e Fernández Paz ao alumnado de 1º de ESO. Resultou unha experiencia "arrepiante". Máis abaixo podedes ver como está decorada a nosa biblioteca.
Novembro: Un mes de Medo on PhotoPeach

09/10/12

Novo espazo da biblioteca

Comezamos un novo curso e inauguramos un novo espazo da biblioteca. Como todos sabedes a biblitoeca ás veces resulta pequena nos recreos así que ampliamos espazo no corredor do primeiro andar. Aquí tedes o novo recuncho que vimos de bautizar como Loft Lector. É un lugar onde poder ler prensa, revistas e libros e partillar as lecturas cos nosos amigos e amigas. Esperamos que sempre estea tan animado como nestes primeiros días. Loft Lector on PhotoPeach

26/06/12

Pechamos ata setembro

Xa están aquí as vacacións e o noso consello "Un libro sempre, tamén no verán". Aquí vos deixamos a nosa guía conxunta realizada polas bibliotecas municipais e escolares de Cambre. As bibliotecas escolares que participamos nesta guía somos as da Escola Infantil "A Galiña Azul", o CEIP O graxal, o CEIP Emilio González López, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez, o IES Afonso X O Sabio e o IES David Buján. Esperamos que vos guste e que gocedes do verán con boas lecturas para toda a familia. Boas vacacións!! Un libro sempre, tamén no verán on PhotoPeach

05/06/12

5 de xuño Día do Medio Natural

Hoxe celebramos o Día do Medio Natural cunha actividade incluída no Proxecto Documental Integrado que sobre Os Xogos Olímpicos vimos desenvolvendo durante este curso. A proposta do departamento de Relixión estivemos recollendo tapóns de diferentes envases de plástico co fin de axudar a unha rapaza chamada Paula e de reflexionar sobre a cantidade de plástico que empregamos e que resulta un problema medioambiental grave. Con todos os tapóns recollidos o alumnado elaborou os aros olímpicos no patio do instituto. Aquí tedes o resultado. 5 de xuño Día do Medio Natural on PhotoPeach

05/05/12

Día da Ciencia na Rúa

Hoxe celebrouse o Día da Ciencia na Rúa e como todos os anos desde o seu inicio o noso centro participou presentando unha serie de experimentos. Aquí tedes algúns realizados polo alumnado de 1º ESO.

22/04/12

Conmemoración do día mundial do teatro (27 de marzo de 2012)

A continuación dous videos que recollen pequenas representacións teatrais que realizaron por distintas aulas do centro o alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato con motivo da celebración do día do teatro:
 

10/04/12

Premios do concurso "Coñeces esta muller?"

Unha vez realizado o desempate entre os equipos que acadaran a mesma puntuación durante os días do concurso,velaquí tedes os equipos gañadores da edición do 2012.Parabéns a todos os participantes e en especial ás gañadoras. O primeiro premio foi para o equipo formado por Verónica Martínez, Ana Santiso e Sara Criado.
En segundo lugar os equipos formados por Claudia Herrón e Noelia Núñez.
E Tania Vázquez, Andrea Serra e Adriana Gómez.

08/03/12

Coñeces esta muller? Pistas día 8 de marzo




1.     Naceu en Inglaterra no ano 1920 e morreu en 1958.
2.     Foi experta en técnicas de difracción da radiografía.
3.     Traballa no King’s College no laboratorio de Juan Randall.
4.     A súa famosa fotografía 51 revelou, de modo inconfundible, a estrutura helicoidal da molécula do ADN.
5.     Sen embargo,  o seu nome non aparecía nas historias do descubrimento do ADN.


1.   Naceu en Roma a finais do s. XVI.
2.   Desenvolveu o mesmo oficio do seu pai.
3.       A súa pintura mostra unha enorme forza e violencia.
4.   Foi contratada polos Medici.
5.       Un cadro seu está nun corredor da Galería dos Uffizi en Florencia fóra das visitas do público.

1.       Naceu en Ferrol e morreu en Vigo no século XIX.
2.     Para poder estudar na Facultade de Dereito foi admitida a clases como oínte e viuse obrigada a asistir ás clases vestida de varón.
3.       Foi unha audaz reformadora social. 
4.       Propuxo un sistema de seguridade social, solicitou  a creación do Corpo de Prisións e foi unha protodefensora do pacifismo.
5.   As súas teorías penitenciarias, traducidas a varios idiomas, foron máis consideradas no estranxeiro que en España.
1.     Naceu en Francia en 1706 nunha familia da alta aristocracia.
2.   Estudou a Descartes, Leibniz e Newton.
3.     Aos doce anos falaba inglés, italiano,   español e alemán.
4.     Traduciu ao francés os Principia de Newton.
5.     Publicou en 1740 “ As institucións da física”, unha obra coa que contribuíu a divulgar os conceptos de cálculo diferencial e integral.


1.     Muller galega, virxe ou monxa, do século IV.
2.     Podemos considerala a primeira escritora española de nome coñecido.
3.     Recolle nun manuscrito a súa viaxe á Terra Santa.
4.     O códice  do relato da súa viaxe , copiado nun pergamiño no século XI na abadía de Montecasino, foi descuberto en 1884 por un investigador italiano.
5.     O escrito desta autora divídese en dúas partes: a primeira é unha especie de diario de viaxe; a segunda é unha descrición detallada da liturxia en Xerusalén.

07/03/12

Coñeces esta muller? Pistas mércores 7 de marzo

1.   Naceu en Ilinois (EEUU) nos principios do século XX.2.
2. Era xudía e os seus avós procedían de Europa.
3. Continuadora de Simone de Beauvoir, foi filósofa, ideóloga e xornalista.
4. Teorizou sobre “o problema que non ten nome”.
5.     Morreu en febreiro de 2006.
1.      Se o seu nome significa algo poderiamos resumilo na frase: O amor que perdurou trala morte.
2.      Conta a lenda que Pedro, o Infante, e esta fermosa muller fican engaiolados un do outro con só se coñecer.
3.      Foi declarada raíña despois de morrer e  o rei determinou esculpir un túmulo funerario no Mosteiro da Alcobaça como homenaxe.
4.      Estando desterrada en Alburquerque e trala morte da súa curmá Constanza,  Pedro reclama a súa volta a Coimbra.
5.      Fonte de inspiración artística e literaria e punto de encontro entre Galicia e Portuga. Aprece, entre outras obras, nas liñas do inigualable autor portugués, Camoes.
 
1.    Naceu en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916.
2.    Foi a primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica.
3.    O Concello de Ferrol rendeulle unha homenaxe póstuma no Campus de Esteiro, onde se descubriu unha placa conmemorativa.
4.    Foi distinguida coa Medalla de Prata de Galicia e a Universidade da Coruña dedicoulle unha Semana das Ciencias.
5.    Chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca.
 
1.      Unha grande actriz do teatro europeo do século XX
2.      Debutou,  como primeira actriz, no ano 1942 no Teatro Mathurins
3.      En Latinoamérica mantén un intenso contacto co exilio español
4.      Publicou as súas memorias co título Residente Privilexiada.
5.      Faleceu o 22 de novembro de 1996 preparando a obra El cerco de Leningrado, de José Sanchís Sinisterra.
1. Escritora estadounidensse criada desde os tres anos en China.
2. Escribe máis de oitenta e cinco libros nos que trata cuestións feministas e relaccionadas cos valores humáns.
3. Ofrece nas súas novelas una amable retrato de China e as súas xentes estreitando lazos entre a cultura occidental e oriental.
4. Obtivo o premio Nobel de Literatura. 
5. Paixoada activista dos dereitos humáns.