18/02/12

A música en Ollos de auga de Domingo Villar



A música en Ollos de auga de Domingo Villar é un traballo de Emma López e Nereida Rodríguez, alumnas de 4º de ESO B. Podes seguir as investigacións do inspector Leo Caldas ao tempo que escoitas a música ou, se segues lendo, ver todas as referencias musicais da novela.

05/02/12

Día da Paz 2012

Como todos os anos celebramos o Día da Paz. Nesta ocasión realizamos pombas da Paz que decoraron a nosa biblioteca e a exposición de palabras pola Paz que organizamos na entrada do instituto. O dái 30 o alumnado de 4º de ESO interpretou a canción "La muralla". Aquí tedes algunhas imaxes destas actividades.

03/02/12

Visita do escritor Xosé Neira Vilas ao instituto

O mércores día 1 de febreiro Xosé Neira Vilas visitou o noso instituto para falar da súa obra Memorias dun neno labrego. Todos os alumnos e alumnas do instituto tiñan lido o libro e durante a conversa co autor xurdiron moitas preguntas sobre os personaxes e os acontecementos que vive Balbino na obra.

Visita de Xosé Neira Vilas on PhotoPeach

O alumnado de 1º de ESO, unha vez lido o libro, fixo debuxos de Balbino e traballos sobre o autor. Aquí podedes ver unha mostra.

Traballos realizados polo alumnado de 1º ESO on PhotoPeach

01/02/12

Caligramas 2

Velaquí os caligramas que elaborarou o alumnado de 4º de ESO A na aula de Lingua e Literatura Galega.