31/01/10

Máis de mil grous pola PAZ

Durante o mes de xaneiro estivemos facendo grous de papel co obxectivo de xuntar mil e colgalos no vestíbulo do instituto para sumarnos ao desexo mundial da Paz. Baseámonos nunha lenda xaponesa segundo a cal se consegues facer mil grpus de origami conseguirás o que desexes e na historia de Sadako Sasaki que podedes ler nesta ligazón. Conseguimos facer moitas máis cás mil que precisabamos. Nestas fotos podedes ver o traballo e como quedaron.

17/01/10

Decálogo para ser lingüisticamente sostibles

Este décalogo recolle o traballo das compañeiras das Biblioteca do C.E.I.P. Frian - Teis e do IES Val de Tea, baseado nun traballo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, proclamado pola ONU Ano Internacional das Linguas. Moitas grazas ás dúas pola súa xenerosidade compartindo este traballo con todos/as nós.
Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

16/01/10

Anxo Fariña visita o noso centro

O próximo luns o escritor e debuxante Anxo Fariña visitará o noso centro para falar dos seus libros e en concreto de Os Megatoxos co alumnado de 1º de ESO. Nas ligazóns anteriores poderedes acceder aos blog do autor e dos Megatoxos. O alumnado está moi ilusionado con esta visita, xa vos contaremos proximamente como foi, mentres tanto podedes ver esta actividade que o autor trealizou no museo das palabras Verbum de Vigo.