19/12/14
Guía de recomendacións para o Nadal
Aquí vos deixamos a nosa guía de recomendacións para o Nadal. Esperamos que aproveitedes estas vacacións para ler e gozar do tempo de lecer.
Etiquetas:
Guías,
Nadal,
Recomendacións
17/12/14
A nosa árbore de Nadal matemática.
Este curso estamos a celebrar as matemáticas nas nosas bibliotecas e na nosa aproveitamos para facer unha árbore de Nadal orixinal. O alumnado de 3º de ESO realizou os poliedros nas clases de matemáticas coa axuda da súa profesora e con eles realizamos a nosa árbore. Aquí tedes algunhas imaxes do proceso de realización da árbore.
A nosa árbore de Nadal matemática. on PhotoPeach
Etiquetas:
Árbore de Nadal,
Matemáticas,
Nadal
16/12/14
Concurso matemático de Nadal
Este curso o tema da nosa biblioteca está realacionado coas matemáticas polo que vos propoñemos un concurso para ver quen adiviña cantos vasos de plástico foron necesarios para realizar o boneco de neve que temos na biblioteca durante estes días. Para que poidades ter éxito nesta empresa dámosvos dúas pistas. Ánimo e a participar!. Xa sabedes, as respostas podedes entregalas ata o xoves na biblioteca.
Etiquetas:
Concursos,
Matemáticas,
Nadal
Semana da ciencia en galego
Durante a última semana de novembro realizamos o concurso "Semana da ciencia en galego". Durante esa semana fomos publicando diariamente unha pista para identificar aos nosos persoeiros, ao final publicamos a solución. Aquí tedes as pistas e as solucións.
Semana da ciencia en galego on PhotoPeach
Subscrever:
Mensagens (Atom)