26/06/12
Pechamos ata setembro
Xa están aquí as vacacións e o noso consello "Un libro sempre, tamén no verán". Aquí vos deixamos a nosa guía conxunta realizada polas bibliotecas municipais e escolares de Cambre. As bibliotecas escolares que participamos nesta guía somos as da Escola Infantil "A Galiña Azul", o CEIP O graxal, o CEIP Emilio González López, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez, o IES Afonso X O Sabio e o IES David Buján.
Esperamos que vos guste e que gocedes do verán con boas lecturas para toda a familia.
Boas vacacións!!
Un libro sempre, tamén no verán on PhotoPeach
Etiquetas:
Guías,
Libros de lectura,
Recomendacións
05/06/12
5 de xuño Día do Medio Natural
Hoxe celebramos o Día do Medio Natural cunha actividade incluída no Proxecto Documental Integrado que sobre Os Xogos Olímpicos vimos desenvolvendo durante este curso. A proposta do departamento de Relixión estivemos recollendo tapóns de diferentes envases de plástico co fin de axudar a unha rapaza chamada Paula e de reflexionar sobre a cantidade de plástico que empregamos e que resulta un problema medioambiental grave. Con todos os tapóns recollidos o alumnado elaborou os aros olímpicos no patio do instituto. Aquí tedes o resultado.
5 de xuño Día do Medio Natural on PhotoPeach
Subscrever:
Mensagens (Atom)