30/06/13
Un libro sempre... tamén no verán
Como todos os anos pechamos por vacacións e deixámosvos as nosas suxestións para o tempo de lecer. Como en anos anteriores esta guía foi elaborada conxuntamente pola bibliotecas municipais e escolares do Concello de Cambre. Nesta ocasión o deseño, a maquetación e a impresión foi realizada pola Deputación provincial de A Coruña. Feliz verán e boas lecturas!!! Volvemos en setembro.
Un libro sempre... tamén no verán on PhotoPeach
Etiquetas:
Guías,
Lecturas,
Recomendacións
28/06/13
A árbore da biblioteca
Este curso comezamos un proxecto en outubro que consistiu na creación dunha árbore situada no corredor de acceso á biblioteca e que foi mudando co paso do tempo e coas diferentes celebracións do ano: Outono, Nadal, Día da Paz, San valentín, Día da Muller, Día do Libro, Letras Galegas e Medio Natural. Aquí tedes unha mostra da súa evolución.
A nosa árbore on PhotoPeach
Etiquetas:
Celebracións,
Conmemoracións
25/06/13
Roteiro literario
Aquí vos deixamos a guía que elaboramos para desenvolver o roteiro.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Etiquetas:
Club de lectura,
Guías,
Roteiros
24/06/13
Roteiro literario do Club de lectura
Este curso o noso club de lectura estivo irmandado co do IES Miraflores de Oleiros e para poñer o ramo a actividade fixemos un Roteiro literario seguindo os pasos dos protagonistas das novelas The Corunna boats de Xelís de Toro e A coroa de Napoleón de Jaureguizar. A actividade tivo lugar o luns 17 de xuño e nela percorremos algúns dos lugares onde se desenvolveron os feitos históricos que relatan as novelas como a Ponte do Burgo, Elviña e diversos puntos da cidade de A Coruña.
Ademais, posto que este ano celebramos o cento cincuenta aniversario de Cantares gallegos, rendemos homenaxe a Rosalía recitando o poema que a escritora escribiu sobre Sir John Moore e percorremos algúns lugares transitados en vida pola escritora como a súa casa ou o Parrote.
Mágoa que o tempo non nos acompañara e comezara a chover durante o noso percorrido, o cal nos obrigou a cambiar de escenario algunha das lecturas.
Velaquí tedes algúns momentos do roteiro.
Roteiro literario conxunto Cambre/Oleiros on PhotoPeach
Etiquetas:
Club de lectura,
Lecturas,
Recitado,
Roteiros
14/06/13
Para Lola
O pasado 5 de xuño celebramos o Día do Medio Natural. Estes últimos cursos para nós esta data é o remate dunha actividade que o Departamento de Relixión organiza xunto coa Biblioteca e que consite na recollida de tapóns para unha causa solidaria. Este ano a recollida de tapóns foi para Lola. Ademais a actividade pretende reflexionar sobre a cantidade de lixo que xeneramos e mentalizarnos da necesisade dun mundo máis sostible e solidario. A semana pasada realizamos con todos os tapóns recollidos o debuxo que vedes nas fotografías. Aquí tedes: Un mundo para Lola.
Para Lola on PhotoPeach
Etiquetas:
Día do Medio Natural,
Solidariedade
13/06/13
Club de lectura de 2º de ESO
Aquí vos deixamos as actividades realizadas polo Club de lectura de 2º de ESO.
Etiquetas:
2º ESO,
Club de lectura,
Club de lectura 2º ESO,
Lecturas
Subscrever:
Mensagens (Atom)