16/01/08

Estamos lendo...


Irmán do vento, M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003. É a historia dun rapaz dunha apartada aldea do Iraq que ve a súa vida interronpida pola guerra que vai cambiar drásticamente o seu contorno. A novela reflicte cómo a infancia, o sector máis inocente da sociedade, vive un conflito bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias polas que este xorde.

22 comentários:

Carolina Rodríguez Canosa disse...

Este libro ten moitas cousas boas, como por exemplo que nos achega culturas moy diferentes das nosas, e nos achega o sufrimento que pode chegar a causar a guerra. Pero tamén hai que dicir que este libro non lle vai gustar moita as persoas que coma eu, gústannos moito a ciencia ficción e a fantasía, aínda que claro está,sempre pode haber excepcións...

DIEGO 3A disse...

E un libro moi facil de leer e moi entretido,persoalmente a min gustoume moito

Sara e Irene disse...

Este libro pareceunos bastante divertido e ten moitas cousas interesantes como por exemplo que nos enseña a comprender os problemas que teñen os nenos e adolescentes que viven en países nos que aínda hai guerra e que se teñen que enfrontar a moitas cousas que non son para eles.En resumo,gustounos.

Ángela e Leyla disse...

A min este libro gustoume porque señala a valentia do seu protagonista e nas aventuras na que se mete para ir a buscar ó seu pai e da maneira en como o rescata.
Ángela Botana Vázquez 3 E.S.O.A

A min non me gustou porque non é o tipo de libros que acostumo ler pero a historia en sí, si que era bonita.
Leyla Nerea Louro Longueira. 3E.S.O.A

Simón y Sara# disse...

É unha historia moi bonita porque conta a vida dun neno doutra cultura que de repente atópase só na procura do seu pai.Ten que pasar momentos moi difíciles que nunca antes vivira.
Este libro lese rápido porque queres saber o que vai pasar ó final

Bruno e Sandra 3ºA disse...

Irmán do vento gustounos moito porqe é unha historia na que se narra as cousas que pasan a cotío nese lugar.Gustounos tamén a valentía que tivo o neno para intentar rescatar ó seu pai da guerra do Iraq.
Recomendamos este libro xa que parécenos moi entretido para pasar un bo anaco do teu tempo.
Un biquiño.

daniel ruiz perez disse...

o libro o principio non me gustou, pero cando khaled comenza o seu viaxe, cada vez comenzou a gustarme mais, ata que non o puiden deixar de ler e o acabei nunha tarde

Anónimo disse...

O libro gustoume moito

María Taibo Barbeito disse...

Pareceume un libro moi interesante, que me ensinou os diferentes puntos de vista que pode ter un mesmo tema neste caso a guerra de Iraq. Penso que nalgunhas cousas é un pouco surrealsta, coma no desenlace, pero creo que vale a pena lelo. Recoméndollo a quen lle interese pasar un bó rato.

Xulia disse...

O libro non me entusiasmou moito, porque non son moi amiga deste tipo de argumentos, pero dentro do xénero é bastante interesante.
Creo que gustará a calquera que lea libros que contan a realidade dende outro ángulo.

Anónimo disse...

O libro pareceume moi interesante, e máis tendo tan recente o tema da guerra nun país tan próximop ao noso.
Só que ao final deume moita pena. debería de ter un final moito´máis alegre.

Anónimo disse...

es un libro moi real ,gustoume moito

Ignacio Márquez Albés disse...

Pareceume un libro cunha historia intrigante, tenra e entretida.Gustoume por que conta a realidade da guerra.Hai unha cousa que non me entusiasmou, o metodo narrativo. Parece que se estivese narrado en primeira persoa pero sen as cartas.

Antía Sotillo Núñez disse...

A min pareceume un libro moi interesante, amosa a realidade das guerras tal e como é, non como pretenden ou pretendemos vela para fuxir do que non nos gusta.
É unha realidade amarga, pero penso que ao ler a historia apréndese a ver as cousas dende varios tipos de vista, ou unha opinión máis achegada ó que pasa de verdade sobro os nosos actos.

Paula Soriano Baeza disse...

O libro gústoume bastante...pareceume real e interesante.
Cheguei a pasar horas sen levantar a vista del e ó final deume pena de que rematase.
É un libro que conta a realidade noutro punto da terra que nos non coñecemos e,por iso,merece admiración.
Pare mentira que tan preto de nos esten a ocurrir esas cousas e nos non podamos facer nada.
O recomendo se che gústa ler, senón pode chegar a ser moi cargante.

Estela Rouco Fernández disse...

A min gustoume, pareceume un libro moi realista que mostra as verdades da guerra e recomendollo as persoas que lles gusten este tipo de libros.

Antón Naya López disse...

gustoume o dramatismo do libro ainda que habitualmente non me gustan os dramas,sobre todo gustoume o momento tan sentimental no que khaled encontra o seu pai

Daniel Ruiz Pérez disse...

o libro o principio non me gustou, pero cando khaled comezou a sua viaxe, cada vez foime gustando mais ata que non o puiden deixar de ler e o acabei nunha tarde. creo que este libro ensinanos a valorar o que temos e a non queixarnos, porque, por desgraza, esta historia, puido ser verdade, e cousas así e peores están pasando no mundo

Berta Pan Veiras disse...

O libro pareceume moi entretido, a pesar que a algunhas cousas lle dan moitas voltas, valeu a pena leelo.
Foi entretido, e gustoume o detalle de poñerlle ó libro o nome do cabalo.
É un libro que recomendollo á xente que lle guste saber sobre outras culturas, ou simplemente alguén que se quera entreter.
Simplemente iso, dicir que non foi para nada unha pérdida de tempo leer este libro.

Aarón Merelas Roel disse...

O libro de irmán do vento parèceme bo e interesante.
Recoméndolle este libro a todos os nenos desta idade porque asi son capaces de entender mellor o que pasa no libro e a situacion do rapaz.Ata o punto de ponñerse no seu lugar.
E por último destacar que Manuel Lourenzo é un gran escritor e que vale a pena leer as suas obras!
moitas apertas.
aaRòn Merelas Roel - 3ºC ies david bujan

ivan reboredo sanjurjo disse...

Este libro gustoume moito, porque trata da cruda realidade que supón a guerra para os nenos.
A perda dun pai sempre e unha mala noticia pero sorprendeume que ven reaccionou o rapaz ante a noticia.
Recomendo este libro a toda a xente aficcionada a lectura.

Hugo Sánchez Torreiro disse...

Gustoume , porque trata da guerra e o rapaz e moi valiente