06/03/12

Coñeces esta muller? Pistas martes 6 de marzo


1.    Aos cinco anos escoitou na radio o instrumento que a faría triunfar. 
2.    Estudou con Rostropovich e Casals.
3.    Era famosa polas minisaias coas que actuaba.
4.    Morreu de esclerose múltiple.
5.    O seu Stradivarius herdouno Yo Yo Ma.



1.-  Estudou voz nun Conservatorio de Música de Nova Inglaterra ( EE.UU.).
2.- Tivo 4 fillos activistas e defensores dos dereitos da poboación negra.
3.-  Os seus restos mortais están en Atlanta xunto aos do seu marido.
4.- O seu marido foi asasinado en Tennessee en 1968.
5.-  Foi unha enérxica loitadora polos dereitos civís dos negros e contra a pena de morte.

1.     Naceu en Derbyshire, no centro de Inglaterra.
2.     Pasou a súa infancia alonxada do mar na campiña inglesa. 
3.    Vive en Cowes, na illa de Wight.
4.     No 2002 publicouse a súa autobiografía Taking on the world.
    5.  Coas 5000 libras que lle deixou a súa avoa no testamento pagou a inscrición na Route du Rhum, que en 1998 abriríalle as portas para desenvolver a súa carreira profesional.

1. É asturiana.
2. Foi discípula de Severo Ochoa.
3. Traballou nos EEUU.
4. Pertence ás máis prestixiosas sociedades e institutos científicos.
5. Na actualidade investiga no Centro de Bioloxía Molecular da Universidade Autónoma de Madrid.


1. - Era afeccionada ás novelas de cabalerías.
2. - Cando era nena quixo ser mártir.
3. - Era teimuda e simpática.
4. - Foi procesada pola Inquisición.
5. - Hai poucos anos estreouse unha película    sobre a súa vida.

Sem comentários: