19/03/14
Encontros con escritores: Francisco Castro
Hoxe visitou o noso instituto Francisco Castro para falar co alumnado de 2º de ESO das súas novelas Chamádeme Simbad e O segredo de Marco Polo. Díxonos que escribía para cambiar o mundo e explicounos como se lle ocorreran ambas novelas. Contounos tamén que foi unha das primeiras persoas en abrir un blog que aínda mantén e que se chama "A canción do náufrago". Ao rematar a conversa agasallámolo cunha camiseta da nosa biblioteca e el dedicóunos os seus libros. Aquí podedes ver imaxes do seu paso polo nosos centro.
Encontros con escritores: Francisco Castro on PhotoPeach
Etiquetas:
Encontros con escritores,
fomento da lectura,
Lecturas,
Libros de lectura,
Visitas
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário