BIBLIOTECA A3P
Blog da Biblioteca do IES David Buján de Cambre (A Coruña)
19/12/15
Guía de recomendacións de Nadal 2015
Desde a biblioteca desexámosvos un Bo Nadal e unha felices vacacións!! Para que o pasedes mellor e teñades ideas de agasallos que pedir ao Apalpador, a Papá Noel ou os Reis Magos aquí vos vai a nosa Guía de Nadal.
Etiquetas:
Guías,
Nadal,
Recomendacións
18/12/15
Entrega de premios do Librómetro
Hoxe no segundo recreo entregamos os premios ao alumnado máis lector,quen recibiu bibliopuntos e a alumna máis lectora unha camiseta. Posteriormente,a aula máis lectora disfrutou duns petiscos na cafetería.
Para béns a todo o alumnado que participou na actividade e, xa sabedes, a seguir lendo e partillandolecturas. Feliz 2016 cheo de boas lecturas!!!
Entrega de premios Librómetro. Nadal 2015 on PhotoPeach
Etiquetas:
fomento da lectura,
Hora de Ler,
Lectura,
Librómetro,
Premios
17/12/15
Axudantes da biblioteca
Entrega dos diplomas de voluntariado aos nosos axudantes da bilioteca durante o curso 2014-15. Parabéns e moitas grazas polo voso traballo!
Etiquetas:
Axudantes da biblioteca,
Voluntariado
16/12/15
Premios Librómetro 1º trimestre curso 2015-16
Este trimestre fostes moi bos lectores, parabéns a tod@s!!!
Este próximo venres entregaremos na bilioteca os premios correspondentes a este primeiro trimestre do curso. Velaquí tedes os gañadores.
Etiquetas:
Concursos,
fomento da lectura,
Hora de Ler,
Lecturas
25/06/15
Guía de recomendacións para o verán
Unha vez rematado o cursos marchamos de vacacións pero aquí vos deixamos as nosas propostas de lecturas e outros para que o verán sexa aínda mellor. Non vos esquezades: "Un libro sempre, tamén no verán".
Boas vacacións, vémonos en setembro.
Etiquetas:
Banda deseñada,
Cine,
Guías,
Lectura,
Música,
verán 2015
22/06/15
Visita de Xurxo Souto
Invitado polo equipo de Normalización Lingüística, o pasado venres 19 de xuño visitou o noso instituto Xurxo Souto. Falou co alumnado de 4º de ESO da música galega e do Rock bravú. Ao remate agasallámolo coa camiseta da nosa bibliteca que non dubidou en estrear decontado.
Etiquetas:
Encontros con creadores,
Música
21/06/15
Encontro con escritores: Andrea Maceiras
O pasado 12 de xuño visitou o noso centro Andrea Maceiras para falar co alumnado de 2º de ESO da súa novela Miña querida Sherezade, Premio Meiga Moira 2014.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Encontros con escritores,
Lecturas,
Plan Lector
01/06/15
Teatro matemático
Este curso o alumnado de 1º de bacharelato escribiu e representou unha obra de teatro baseada en teorías matemáticas, con ela participaron na IX Feira Matemática celebrada o pasado mes de maio en Palexco (A Coruña). Esta feira está organizada pola Asosciación Galega do Profesroado de Educación Matemática (AGAPEMA).
Neste vídeo podedes ver a súa actuación.
Neste vídeo podedes ver a súa actuación.
Etiquetas:
Actividades,
Teatro,
Teatro matemático
16/05/15
Maleta viaxeira de banda deseñada
Desde o 18 de abril ao 19 de maio temos no instituto a maleta viaxeira de banda deseñada da Asesoría de bibliotecas escolares. Aproveitamos para darlle aos seus fondos a maior difusión e organizamos unha exposición na biblioteca. Ademais o profesorado podía levar estes fondos ás súas aulas para darllo a coñecer ao alumnado.
Maleta viaxeira de banda deseñada on PhotoPeach
Etiquetas:
Banda deseñada,
Exposicións,
Maletas viaxeiras
04/05/15
Día do libro 2015: Así comezan os libros
Para celebrar o Día do Libro 2015 colocamos os corredores os comezos absolutos dalgunha obras da literatura universal co título tapado para adeviñarmos quen son os seus autores e de que obras se trata. Aquí tedes algunhas.
Día do libro 2015 on PhotoPeach
Etiquetas:
Día do Libro,
Exposicións
22/04/15
Día do Libro 2015: A árbore das letras
Para conmemorar este curso o Día do Libro decoramos a nosa árbore con letras de todos os tipos e cores. Con elas podedes formar palabras, frases...
Feliz Día do Libro 2015
A árbore da letras on PhotoPeach
Etiquetas:
Conmemoracións,
Día do Libro
17/04/15
Encontros con escritores: Carlos Negro
O pasado luns visitounos Carlos Negro para falar co alumnado de 3º de ESO dos seus poemarios Penúltimas tendencias e Makinaria. Como sempre facemos cos autores que nos vistan, agasallámolo coa camiseta da biblioteca.
Encontros con escritores: Carlos Negro on PhotoPeach
Encontros con escritores: Carlos Negro on PhotoPeach
Etiquetas:
Encontros con escritores,
Lecturas,
Poesía
16/04/15
Encontros con creadoras: Xulia Vicente
O pasado 8 de abril visitounos a artista gráfica e creadora de banda deseñada Xulia Vicente, ex-alumna do noso instituto. No seu encontro co alumnado de 4º de ESO, explicou a súa traxectoria e os seus estudos na Universidade de Valencia. Tamén presentou o seu último fancine.
Etiquetas:
Banda deseñada,
Encontros con creadores
15/04/15
Encontros con escritores: Pedro Feijoo
O pasado mes de marzo visitounos Pedro Feijoo, quen estivo falando da súa novela A memoria da choiva co alumnado de 1º de bacharelato. Ao remate da súa charla agasallámolo coa camiseta da nosa biblioteca.
Encontros con escritores: Pedro Feijoo on PhotoPeach
Etiquetas:
Encontros con escritores,
Lecturas,
Narrativa
17/03/15
Día da Muller. Marzo 2015
Este ano decoramos a árbore cos doodles de Google dedicados a mulleres científicas e cunha exposición sobre os seus traballos. Aquí tedes as fotos.
Día da Muller 2015 on PhotoPeach
Etiquetas:
Celebracións,
Día da Muller,
Exposicións
Subscrever:
Mensagens (Atom)