Mostrar mensagens com a etiqueta fomento da lectura. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta fomento da lectura. Mostrar todas as mensagens
18/12/15
Entrega de premios do Librómetro
Hoxe no segundo recreo entregamos os premios ao alumnado máis lector,quen recibiu bibliopuntos e a alumna máis lectora unha camiseta. Posteriormente,a aula máis lectora disfrutou duns petiscos na cafetería.
Para béns a todo o alumnado que participou na actividade e, xa sabedes, a seguir lendo e partillandolecturas. Feliz 2016 cheo de boas lecturas!!!
Entrega de premios Librómetro. Nadal 2015 on PhotoPeach
Etiquetas:
fomento da lectura,
Hora de Ler,
Lectura,
Librómetro,
Premios
16/12/15
Premios Librómetro 1º trimestre curso 2015-16
Este trimestre fostes moi bos lectores, parabéns a tod@s!!!
Este próximo venres entregaremos na bilioteca os premios correspondentes a este primeiro trimestre do curso. Velaquí tedes os gañadores.
Etiquetas:
Concursos,
fomento da lectura,
Hora de Ler,
Lecturas
22/10/14
Hora de Ler 2014
O pasado 1 de outubro inauguramos oficialmente a Hora de Ler deste curso. Para celebrarlo baixamos a cada aula da ESO unha caixa con fondos da biblioteca para facilitar o acceso dos libros ao alumnado. A Hora de Ler consiste en 20 minutos diarios de lectura silenciosa, e desenvólvese en todos os cursos da ESO. O período durante o cal se realiza esta actividade vai mudando semanalmente segundo o calendario que se xunta.
Hora de Ler 2014 on PhotoPeach
Etiquetas:
fomento da lectura,
Hora de Ler,
Lectura,
Plan Lector
19/03/14
Encontros con escritores: Francisco Castro
Hoxe visitou o noso instituto Francisco Castro para falar co alumnado de 2º de ESO das súas novelas Chamádeme Simbad e O segredo de Marco Polo. Díxonos que escribía para cambiar o mundo e explicounos como se lle ocorreran ambas novelas. Contounos tamén que foi unha das primeiras persoas en abrir un blog que aínda mantén e que se chama "A canción do náufrago". Ao rematar a conversa agasallámolo cunha camiseta da nosa biblioteca e el dedicóunos os seus libros. Aquí podedes ver imaxes do seu paso polo nosos centro.
Encontros con escritores: Francisco Castro on PhotoPeach
Etiquetas:
Encontros con escritores,
fomento da lectura,
Lecturas,
Libros de lectura,
Visitas
24/01/13
Subscrever:
Mensagens (Atom)