Mostrar mensagens com a etiqueta Exposicións. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Exposicións. Mostrar todas as mensagens

16/05/15

Maleta viaxeira de banda deseñada

Desde o 18 de abril ao 19 de maio temos no instituto a maleta viaxeira de banda deseñada da Asesoría de bibliotecas escolares. Aproveitamos para darlle aos seus fondos a maior difusión e organizamos unha exposición na biblioteca. Ademais o profesorado podía levar estes fondos ás súas aulas para darllo a coñecer ao alumnado. Maleta viaxeira de banda deseñada on PhotoPeach

04/05/15

Día do libro 2015: Así comezan os libros

Para celebrar o Día do Libro 2015 colocamos os corredores os comezos absolutos dalgunha obras da literatura universal co título tapado para adeviñarmos quen son os seus autores e de que obras se trata. Aquí tedes algunhas. Día do libro 2015 on PhotoPeach

17/03/15

Día da Muller. Marzo 2015

Este ano decoramos a árbore cos doodles de Google dedicados a mulleres científicas e cunha exposición sobre os seus traballos. Aquí tedes as fotos. Día da Muller 2015 on PhotoPeach

10/06/14

Cine, ciencia e literatura

Como remate das actividades que este curso realizou a biblioteca ao redor do lema "Ler ciencia na biblioteca", tedes ata fin de curso a exposición "Cine, ciencia e literatura" no vestíbulo do instituto. Aquí podedes ver algúns dos nosos fondos relacionados entre si: película e os libros que lles serviron de base. Esperamos que vos guste. Cine, ciencia e literatura on PhotoPeach

01/06/14

Exposición "Ler ciencia na biblioteca"

Para que vexades a cantidade e variedade de fondos relacionados coa ciencia dos que dispoñemos, na biblioteca podedes ver esta exposición ata fin de curso.
Exposición "Ler ciencia na biblioteca" on PhotoPeach

18/05/14

Día das Letras Galegas 2014

Letras 2014. Xosé Mª Díaz Castro on PhotoPeach

24/01/14

Exposición de ciencia na biblioteca

Este ano estamos a celebrar "A ciencia na biblioteca" e iniciamos o ano cunha exposición organizada polo departamento de bioloxía. As pezas foron realizadas polo alumnado de 2º e 4º de ESO.

Exposición de células na biblioteca on PhotoPeach Exposición de células na biblioteca on PhotoPeach

10/01/13

Proxecto E-twinning

No marco das actividades do proxecto E-twinning que estamos a desenvolver sobre Dickens, no mes de decembro realizamos unha exposición dos fondos que deste autor temos na nosa biblioteca. Dickens Year 2012 on PhotoPeach

20/12/12

Visitamos a Cidade da Cultura

O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato visitou a Cidade da Cultura en Santiago. O obxecto desta visita foi percorrer as exposicións "Gallaecia petrea" e "Códices: xoias das catedrais galegas na Idade Media".

Dereitos Humanos

Celebramos o 10 de decembro o Día dos Dereitos Humanos cunha exposición de viñetas relativas aos mesmos.

24/10/11

Día das Bibliotecas Escolares


Celebramos o Día das Biblioteca Escolares e o Ano Internacional da Química cunha exposición de fondos da nosa biblioteca relacionados con esta materia. Ademais, podedes ver no vestíbulo e nos corredores diferentes paneis conmemorativos do Ano da Química que se corresponden coa exposición Entre moléculas. Nestes paneis están agochadas as respostas do concurso que podedes consultar na páxina web do centro. Ánimo e a participar!