Orixinal historia que conta as vivencias dunha vaca, as diferentes experiencias que vive. Debes poñerte no lugar da vaca e entender o seu punto de vista, de todos xeitos pasarás un tempo divertido léndoo.
Este libro conta a primeira aventura de Sherlock Colmes, aquí este famoso detective coñece ao seu fiel axudante e amigo, o doutor Watson. O caso xira ao redor do achádego dun cadáver nunca casa abandonada en Brixton (Reino Unido), coa palabra “Rache” escrita con letras de sangue na parede.
É esta unha magnífica crónica da conquista de América narrada desde a mirada intelixente e lúcida dun mozo de quince anos. Ao longo das súas páxinas emerxerán territorios lonxanos e salvaxes, antigas cidades abandonadas desde tempos remotos, fabulosos tesouros, …
Novela electrizante na que viaxamos ata os tempos bíblicos pasando pola Europa da Segunda Guerra Mundial, Exipto, Siria, Estados Unidos, Italia, Francia, España e o Irak de Sadam, xusto antes do comezo da guerra.
Gacel Sayah é tuareg. Uns homes asasinaron a un dos seus hóspede se raptado a outro. El, ferido no seu honor, cumpre a lei do tuareg e saen a súa procura asasinado acantos lle impiden rescatar ao seu hóspede. Ao final, convertido nunha lenda polas súas fazañas, conseguirá algo pero perderá algo máis importante.
Esta obra narra a invasión da Terra polos marcianos. Ben coñecida por todos grazas ás adaptación cinematográficas e moi famosa polo programa de radio que en 1938 realizou Orson Wells.
Pertence á serie de novela “Las fieras fútbol club”. Nesta historia “Las fieras” teñen un novo estadio pero non todos os xogadores ían poder gozalo, Juli, o defensa do equipo, estaba a punto de meterse nun bo sarillo e só poderá saír del coa axuda dos seus amigos.
Este libro conta a historia de Carlos, un estudante de boa familia que sae todas as noites e cuxa vida se basea principalmente no sexo, as drogas e o alcool que comparte cos seus amigos. Síntese fascinado pola violencia e isto levará a historia a un desenlace sorprendente.
Novela situada na Galicia dos nosos días pero que conserva toda a maxia dos tempos vellos. Os personaxes principias son os habitantes dunha aldea perdida, cuxas vidas son observadas por outros habitantes deste lugar no pasado reencarnados en animais. A acción céntrase na vida cotiá de Rosa, antiga guardesa do pazo de Arán.
Ola a todos/as! Comenzamos a experiencia de liberar libros no instituto. Esperamos que esta viaxe que agora comenzan os libros sexa longa e estea chea de experiencias inolvidábeis. Esperamos tamén que a estancia dos libros nas vosas mans sexa pracenteira e que compartades connosco a través deste blog as vosas opinións. Xa sabedes, a vosa misión é colaborar a que a viaxe que agora inician os libros chegue a bo porto.
Proximamente procederemos a liberar algúns libros no instituto, pretendemos que viaxen durante estes meses de maio e xuño e que todos aqueles e aquelas que os acompañedes na súa viaxe compartades connosco as vosas aventuras. Comentade os libros que vos acompañen durante estes meses neste blog.