O pasado 12 de xuño visitou o noso centro Andrea Maceiras para falar co alumnado de 2º de ESO da súa novela Miña querida Sherezade, Premio Meiga Moira 2014.
Mostrar mensagens com a etiqueta Encontros con escritores. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Encontros con escritores. Mostrar todas as mensagens
21/06/15
17/04/15
Encontros con escritores: Carlos Negro
O pasado luns visitounos Carlos Negro para falar co alumnado de 3º de ESO dos seus poemarios Penúltimas tendencias e Makinaria. Como sempre facemos cos autores que nos vistan, agasallámolo coa camiseta da biblioteca.
Encontros con escritores: Carlos Negro on PhotoPeach
Encontros con escritores: Carlos Negro on PhotoPeach
Etiquetas:
Encontros con escritores,
Lecturas,
Poesía
15/04/15
Encontros con escritores: Pedro Feijoo
O pasado mes de marzo visitounos Pedro Feijoo, quen estivo falando da súa novela A memoria da choiva co alumnado de 1º de bacharelato. Ao remate da súa charla agasallámolo coa camiseta da nosa biblioteca.
Encontros con escritores: Pedro Feijoo on PhotoPeach
Etiquetas:
Encontros con escritores,
Lecturas,
Narrativa
19/03/14
Encontros con escritores: Francisco Castro
Hoxe visitou o noso instituto Francisco Castro para falar co alumnado de 2º de ESO das súas novelas Chamádeme Simbad e O segredo de Marco Polo. Díxonos que escribía para cambiar o mundo e explicounos como se lle ocorreran ambas novelas. Contounos tamén que foi unha das primeiras persoas en abrir un blog que aínda mantén e que se chama "A canción do náufrago". Ao rematar a conversa agasallámolo cunha camiseta da nosa biblioteca e el dedicóunos os seus libros. Aquí podedes ver imaxes do seu paso polo nosos centro.
Encontros con escritores: Francisco Castro on PhotoPeach
Etiquetas:
Encontros con escritores,
fomento da lectura,
Lecturas,
Libros de lectura,
Visitas
Subscrever:
Mensagens (Atom)


