Mostrar mensagens com a etiqueta Benvida. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Benvida. Mostrar todas as mensagens
09/10/12
Novo espazo da biblioteca
Comezamos un novo curso e inauguramos un novo espazo da biblioteca. Como todos sabedes a biblitoeca ás veces resulta pequena nos recreos así que ampliamos espazo no corredor do primeiro andar. Aquí tedes o novo recuncho que vimos de bautizar como Loft Lector. É un lugar onde poder ler prensa, revistas e libros e partillar as lecturas cos nosos amigos e amigas. Esperamos que sempre estea tan animado como nestes primeiros días.
Loft Lector on PhotoPeach
Etiquetas:
Animación á lectura,
Benvida
21/09/10
Comezamos un novo curso!
Benvidos ao novo curso! Comezamos a nosa andaina con ilusión e agardando que coma sempre colaboredes connosco nas diferentes actividades que vos propoñemos desde a Biblioteca A3P. Para comezar con ritmo, aquí tedes unha invitación a continuar lendo que nos fan desde unha escola dos Estados Unidos de Norteamérica parafraseando unha popular canción dos Black Eyed Peas. Pois iso, continuemos lendo e gozando da lectura.
Subscrever:
Mensagens (Atom)