Mostrar mensagens com a etiqueta Encontros con creadores. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Encontros con creadores. Mostrar todas as mensagens

22/06/15

Visita de Xurxo Souto

Invitado polo equipo de Normalización Lingüística, o pasado venres 19 de xuño visitou o noso instituto Xurxo Souto. Falou co alumnado de 4º de ESO da música galega e do Rock bravú. Ao remate agasallámolo coa camiseta da nosa bibliteca que non dubidou en estrear decontado.


16/04/15

Encontros con creadoras: Xulia Vicente

O pasado 8 de abril visitounos a artista gráfica e creadora de banda deseñada Xulia Vicente, ex-alumna do noso instituto. No seu encontro co alumnado de 4º de ESO, explicou a súa traxectoria e os seus estudos na Universidade de Valencia. Tamén presentou o seu último fancine.