Mostrar mensagens com a etiqueta Cine. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Cine. Mostrar todas as mensagens

25/06/15

Guía de recomendacións para o verán

Unha vez rematado o cursos marchamos de vacacións pero aquí vos deixamos as nosas propostas de lecturas e outros para que o verán sexa aínda mellor. Non vos esquezades: "Un libro sempre, tamén no verán". Boas vacacións, vémonos en setembro.

10/06/14

Cine, ciencia e literatura

Como remate das actividades que este curso realizou a biblioteca ao redor do lema "Ler ciencia na biblioteca", tedes ata fin de curso a exposición "Cine, ciencia e literatura" no vestíbulo do instituto. Aquí podedes ver algúns dos nosos fondos relacionados entre si: película e os libros que lles serviron de base. Esperamos que vos guste. Cine, ciencia e literatura on PhotoPeach

22/06/11

Lecturas de verán

Xa están aquí as vacacións de verán e o noso consello de non esquecer neste tempo de lecer as boas lecturas. Esta é a guía que as bibliotecas municipais e escolares de Cambre elaboramos pensando neste tempo de lecer. Desde o ano 2008 todas as bibliotecas vimos colaborando na composición desta guía que non só inclúe libros senón tamén propostas musicais e cinematográficas. Nela participamos as bibliotecas municipais e as bibliotecas dos centros escolares: CEIP Portofaro, CEIP O Graxal, CEIP Torrente Ballester, CEIP Emilio González López, CEIP Wenceslao Fernández Flórez, IES Afonso X, O Sabio e IES David Buján. Esperamos que gocedes destas propostas e feliz verán.