Mostrar mensagens com a etiqueta Escritores. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Escritores. Mostrar todas as mensagens

23/04/14

23 de abril, Día do libro

Hoxe entregan o Premio Cervantes á escritora Elena Poniatowska, na nosa biblioteca podes atopar a obra A filla do filósofo, libro de relatos moi recomendable. Aquí tedes unha entrevista coa escritora onde conta a súa vida e a súa relación coa literatura.

12/03/14

Paco Roca e David Rubín visitan a nosa biblioteca

O pasado 13 de febreiro estiveron na nosa biblioteca Paco Roca e David Rubín presentando as súas últimas obras, Los surcos del azar e Beowulf, respectivamente. Falaron da súa voacaicón e do seu traballo como creadores. Ao final deixáronos unhas preciosas dedicatorias dos seus libros.

Paco Roca e David Rubín visitan a nosa biblioteca on PhotoPeach

25/01/13

Fina Casalderrey: Unha escritora de L.I.X na RAG

RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

03/02/12

Visita do escritor Xosé Neira Vilas ao instituto

O mércores día 1 de febreiro Xosé Neira Vilas visitou o noso instituto para falar da súa obra Memorias dun neno labrego. Todos os alumnos e alumnas do instituto tiñan lido o libro e durante a conversa co autor xurdiron moitas preguntas sobre os personaxes e os acontecementos que vive Balbino na obra.

Visita de Xosé Neira Vilas on PhotoPeach

O alumnado de 1º de ESO, unha vez lido o libro, fixo debuxos de Balbino e traballos sobre o autor. Aquí podedes ver unha mostra.

Traballos realizados polo alumnado de 1º ESO on PhotoPeach

02/12/10

Encontros con escritores: Fernando Marías


Hoxe visitou o noso centro o escritor Fernando Marías que veu falar da súa obra Zara y el librero de Bagdag co alumnado de 3º e 4º de ESO. Durante a súa conversa connosco contounos como xurdiu o libro e falounos das persoas reais e os acontecementos históricos que o inspiraron para escribilo.

07/10/10

Mario Vargas Llosa, Premio Nobel de Literatura 2010


A Academia sueca vén de nomear Premio Nobel de Literatura 2010 ao escritor peruano Mario Vargas Llosa, autor entre outras obras de La ciudad y los perros, La casa verde ou Pantaleón y las visitadoras.

27/04/10

As rulas de Bakunin


Onte visitounos o escritor Antón Riveiro Coello para falar co alumnado de 2º de bacharelato da súa novela As rulas de Bakunin. O escritor comezou contándonos anécdotas da súa vida para logo explicar a xénese dalgúns dos personaxes da obra e mostrarnos os lugares onde se desenvolve a acción.

25/04/10

A praia dos afogados


O pasado 12 de abril o alumnado de 1º de bacharelato realizou o roteiro literario da novela de Domingo Villar A praia dos afogados. Viaxamos a Nigrán e alí primeiro tivemos un encontro co escritor, a quen agasallamos coa camiseta da biblioteca, e logo visitamos algúns dos lugares onde transcorre a novela: Monteferro, a praia da Madorra, tamén chamada dos afogados, e o templo do mar. Aquí tedes algunhas das fotos daquela xornada.

13/05/09

Encontros con escritores: Francisco Fernández Naval

O pasado luns veu ao noso instituto Francisco Fernández Naval, estívonos contando como creou o seu personaxe Suso Espada, protagonista do libro de lectura do terceiro trimestre do alumnado de 4º de ESO, Suso Espada:Istambul e o cabaliño de ouro. Comentounos outras aventuras do mesmo protagonista, un investigador privado na liña dos famosos protagonistas das novelas de Dashiell Hammett ou Raymond Chandler. Despois respondeu a todas as preguntas que os lectores e lectoras lle realizaron.

19/01/09

Bicentenario do nacemento de Edgar Allan Poe

Edgar Allan Poe naceu tal día coma hoxe hai douscentos anos. Hoxe tamén cumpriranse 60 anos desde que unha misteriosa figura vestida de negro deixa na súa tumba media botella de coñac e tres rosas vermellas. Imaxinamos a Poe encantado con esta homenaxe, el que escribiu contos e poemas inquietantes como A máscara da morte vermella, O escarabello de ouro ou Os crimes da rúa Morgue. A súa influencia na literatura chega ata a actualidade, basta con ler o bestseller A sombra de Poe de Matthew Pearl ou escoitar as cancións de Lou Reed ou Radio Futura.

16/01/09

Encontros con escritores: Francisco Fernández Naval

O pasado luns o escritor Francisco Fernández Naval visitou a nosa biblioteca e falou co alumnado de 4º de ESO sobre os motivos que o levaron a escribir historias. Contounos que súa na lles contaba contos a el a súa irmá mentres comían e que iso xunto coa súa afección ao cine son as causas de que comezara a escribir. Fanounos tamén dun dos libros que máis o marcaran de neno: Os fillos do capitán Grant de Xulio Verne. Díxonos que tanto lle gustara este libro que xa de maior fixera unha viaxe pola Patagonia para seguir os pasos dos protagnistas do libro na procura do capitán Grant.

17/12/08

Encontros con escritores: Marica Campo

Hoxe visitou o noso instituto a escritora Marica Campo co obxecto de comentar o seu libro Confusión e morte de María Balteira co alumnado de 1º de Bacharelato. A escritora falou de libros e de bibliotecas. De bibliotecas reais como a de Alexandría e de bibliotecas imaxinarias como a de Babel.A escritora considera que ler é un acto de liberdade e reivindica que a lectura nos fai máis libres.