23/12/10

Un libro sempre... tamén no Nadal


As bibliotecas de Cambre queremos desexarvos unhas felices festas de Nadal e Aninovo. Velaquí a guía conxunta que elaboramos con propostas culturais para o lecer. Participamos nesta guía, que elaboramos por terceiro ano consecutivo as bibliotecas municipais e escolares co apoio do concello de Cambre. Os centros escolares que participamos na elaboración desta guía somos: CEIP Wenceslao Fernández Flórez, CEIP Emilio González López, CEIP Torrente Ballester, CEIP O Graxal, CEIP Portofaro, IES Afonso X, O Sabio, e IES David Buján.
Bo Nadal e Aninovo e non vos esquezades: Un libro sempre… tamén no Nadal

21/12/10

Bo Nadal


O grupo da biblioteca quere desexarvos un Bo Nadal e Aninovo e que o Apalapador vos atope cos bandullos ben cheos e vos deixe moito agasallos, entre eles un ou varios libros.

02/12/10

Encontros con escritores: Fernando Marías


Hoxe visitou o noso centro o escritor Fernando Marías que veu falar da súa obra Zara y el librero de Bagdag co alumnado de 3º e 4º de ESO. Durante a súa conversa connosco contounos como xurdiu o libro e falounos das persoas reais e os acontecementos históricos que o inspiraron para escribilo.

09/11/10

Bibliotecas Escolares

As compañeiras do IES Sánchez cantón de Pontevedra mándannos esta montaxe sobre as Bibliotecas escolares e todos os servizos que prestamos. Grazas por partillala con nós.

31/10/10

Aniversario da Revista Nós


Onte cumpríronse 90 anos da publicación en Ourense do primeiro número da Revista Nós.Impulsada por Vicente Risco e con Castelao como director artístico, Nós supuxo un fito fundamental na nosa literatura. Nas páxinas de Nós publicaron non só os autores que pertencen ao grupo deste mesmo nome (Castelao, Risco, Otero Pedrayo ou López Cuevillas),senón tamén outros máis novos como Carballo Calero, Bouza Brey, Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro ou Eduardo Blanco Amor. A través desta Revista conseguiuse modernizar e europeizar a nosa cultura. Recomendamos a lectura do artigo que Freixanes publica hoxe en La Voz de Galicia.

07/10/10

Mario Vargas Llosa, Premio Nobel de Literatura 2010


A Academia sueca vén de nomear Premio Nobel de Literatura 2010 ao escritor peruano Mario Vargas Llosa, autor entre outras obras de La ciudad y los perros, La casa verde ou Pantaleón y las visitadoras.

29/09/10

Día Internacional da Tradución

O 30 de setembro celébrase o Día Internacional da tradución porque é o día de San Xerome quen está considerado o primeiro tradutor pois traduciu a Biblia ao latín no ano 383 e ademais defendeu a tradución no que se considera o primeiro tratado de tradutoloxía.
O certo é que sen os tradutores non poderiamos coñecer as obras que se escriben noutras linguas. Grazas a eles/elas polo seu traballo e vaia esta presentación coma homenaxe no seu día.

21/09/10

Comezamos un novo curso!

Benvidos ao novo curso! Comezamos a nosa andaina con ilusión e agardando que coma sempre colaboredes connosco nas diferentes actividades que vos propoñemos desde a Biblioteca A3P. Para comezar con ritmo, aquí tedes unha invitación a continuar lendo que nos fan desde unha escola dos Estados Unidos de Norteamérica parafraseando unha popular canción dos Black Eyed Peas. Pois iso, continuemos lendo e gozando da lectura.

25/06/10

Bo verán!! Pechamos por vacacións.

Un verán máis velaquí a nosa guía conxunta que este ano leva o suxerinte nome de “Lecturas burbullantes para o verán” e que recolle as propostas de lectura de todos os centros escolares e as bibliotecas municipais coa colaboración do concello de Cambre. Nela atoparedes suxestións para todas as idades e un apartado para compartir coa familia e os amigos e amigas. Aparte das xa mencionadas bibliotecas municipais, este ano participamos a Escola infantil, o CEIP Portofaro, o CEIP O Graxal, o CEIP Torrente Ballester, o CEIP Emilio González López, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez, o IES Afonso X O Sabio e o IES David Buján.
Esperamos que vos guste, ademais de nos nosos blogs podédela consultar no enderezo: www.cambre.org
Boas vacacións e bo verán, vémonos en setembro.

Homenaxe a Rosalía

Como conmemoración do 125 aniversario do pasamento de Rosalía o alumnado de 1º de bacharelato recitou uns poemas da autora para poñer o ramo ao curso 2009-2010. Nete vídeo podedes ver unha mostra.

27/04/10

As rulas de Bakunin


Onte visitounos o escritor Antón Riveiro Coello para falar co alumnado de 2º de bacharelato da súa novela As rulas de Bakunin. O escritor comezou contándonos anécdotas da súa vida para logo explicar a xénese dalgúns dos personaxes da obra e mostrarnos os lugares onde se desenvolve a acción.

25/04/10

A praia dos afogados


O pasado 12 de abril o alumnado de 1º de bacharelato realizou o roteiro literario da novela de Domingo Villar A praia dos afogados. Viaxamos a Nigrán e alí primeiro tivemos un encontro co escritor, a quen agasallamos coa camiseta da biblioteca, e logo visitamos algúns dos lugares onde transcorre a novela: Monteferro, a praia da Madorra, tamén chamada dos afogados, e o templo do mar. Aquí tedes algunhas das fotos daquela xornada.

22/04/10

Para que les?

Grazas a Olga da Biblioteca do CEIP de Malpica aquí tedes un resumo da exposición que podedes ver nos corredores do instituto.


12/04/10

Celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil




















A nosa biblioteca participa na celebración do Día Internacional do Libro Infantil realizando unha serie de actividades de formación de usuarios e promoción da lectura. Aquí tedes o cartel oficial, realizado por Noemi Villamuza, e o manifesto escrito por Eliacer cansino, traducido ao galego por Ánxela Gracián. Aínda que o día propiamente foi o 2 de abril, dado que coincidía coas vacacións de Semana Santa, este ano traladouse a súa celebración nos centros educativos ao día 12 de abril.

10/04/10

6 imaxes á procura dunha historia


En diferentes lugares do instituto poderedes atopar ata seis imaxes diferentes que vos deberán servir de base para escribirdes unha historia que deberá ter unha extensión máxima de dúas follas A4. Poderédelas entregar escritas a man ou en ordenador, de utilizardes este último lembade que deberán estar escritas en Arial 12p e cun interliñado de 1,5.
A historia poderá estar escrita en calquera das linguas que se estudan no centro.
Deberedes entregar os orixinais na Biblioteca antes do día 30 de abril.
O xurado estará composto por profesorado do grupo da biblioteca e alumnado dos clubs de lectura.

09/03/10

Concurso "Coñeces esta muller?", mércores 10 de marzo


1. Naceu na Habana, Cuba, no ano 1948.

2. Ingresou no Intermedia Program and Center for New Performing Arts.

3. Atreveuse a expresarse de xeitos non convencionais.

4. Na súa obra incorporou o seu corpo na natureza (land art ou arthworks).

5. Unha das súas series máis coñecidas es Silueta Series (1973)






1. Naceu en Sumeria aproximadamente 2300 anos antes de Cristo. Filla do rei Sargón de Akkad.

2. Controlaba os coñecementos matemático se astronómicos de Sumeria e Babilonia, sendo por iso unha das precursoras destas ciencias.

3. Creou observatorios astronómicos dentro dos templos, elaborando os primeiros mapas sobre movementos celestes

4. A súa poesía está conservada en tablillas gravadas con escritura cuneiforme.

5. Sábese da súa existencia no 1926, grazas á inscrición encontrada ao dorso dun disco de alabastro datado do 1900 antes de Cristo.



1. Naceu en Santiago de Compostela no ano 1853

2. Adicouse á talla en madeira de imaxes relixiosas

3. En 1875 obtén Mención honorífica na Exposición Regional de Santiago de Compostela

4. Foi a primeira artista en recibir unha pensión da Deputación da Coruña no ano 1881

5. Obra súa é a Inmaculada Concepción de San Martiño de Tabeaio (arciprestado de Alvedro, concello de Carral)


1. Astrónoma estadounidense, pioneira no estudo das taxas de rotación galácticas.
2. En 1948 se graduou en Astronomía na Universidade de Vassar

3. Estudou o movemento sistémico e o brillo nas galaxias espirais

4. A
súa tese buscaba responder á pregunta de se as galaxias están ou non distribuídas uniformemente no Universo.
5. Desde 1978 ela e o seu equipo tras observar máis de 200 galaxias, estimaron que aproximadamente o 90% da materia do Universo é materia “escura”.




1. Segunda escritora do XIX que publica un libro en galego.

2. Comparte tertulias feministas con Fanny Garrido, Sofía Casanova e outras intelectuais coetáneas.

3. Gaña o certame
literario de 1887, celebrado en Ourense en homenaxe a Feijoo, co texto “En defensa das mulleres”.
4. Escribiu o poemario Follatos.

5.
En 1906, coa creación da RAG, foi nomeada académica.

Concurso "Coñeces esta muller?" , martes 9 de marzo


1. Foi unha raíña guerreira.

2. Herdou o reino á morte do seu home.

3. Aparece mencionada en textos de Tácito e Dión Casio.

4. Enfrontouse aos romanos.

5. A revolta liderada por ela foi unha das máis sanguentas á que tivo que enfrontarse o imperio romano.


1.Nace o catro de decembro de 1919 en Xagoaza.

2.Fórmase como mestra

3.Abre unha tenda de víveres e artigos relacionados coa educación en Cambre.

4.Tamén abre unha escola e unha aula diaria para persoas analfabetas en idade adulta

5.Falece a causa dun cancro un 29 de marzo. O seu corpo repousa no Cemiterio Municipal de Cambre


1. Artista recoñecida internacionalmente tanto pola súa obra como polo significado da súa loita pola igualdade.

2. Durante os anos 70, concéntrase na denuncia dos malos tratos que sofren as mulleres.

3. Destacan obras súas como “Torture of Women”,

4. Promoveu movementos pola igualdade entre homes e mulleres como a “Coalición de Traballadores da Arte” e “Mulleres Artistas na Revolución”

5. Abriu no Soho de Nova York a primeira galería de Arte exclusivamente dedicada ás mulleres: Air.



1. Desenvolveu o seu labor científico na Universidade estadounidense de Harvard.

2. Trabaollou baixo a dirección de Harlow Shapley.

3. Foi a primeira persona (home ou muller) en facer unha tese doutoral na área de Astronomía

4. Descubriu a composición química de estrelas

5. Realizou estudos e análises detalladas dos espectros estelares.





1. Eran irmás.

2. Pertencían a unha familia acomodada da república Dominicana.

3. Pertencían a un grupo opositor ao réxime de Trujillo. Neste grupo eran coñecidas como “Las Mariposas”.

4. Foron encarceradas e asasinadas polo réxime ditatorial da época.

5. En honor a elas escolleuse o 25 de novembro como Día Internacional contra a violencia machista.

Día da Muller

Mulleres, lectura e historia da arte

Check out this SlideShare Presentation:

08/03/10

Concurso "Coñeces esta muller?" , luns 8 de marzo



Aquí tedes as primeiras pistas para identificar as mulleres:

1. Do século XIX.

2. Americana.

3. Profesora.

4. Fíxose unha película sobre a súa vida chamada A Liberación .

5. Estivo na escola de PERKINS.




1. Ocupouse de axudar no negocio familiar na Peixería.

2. Participa na defensa

cidade xunto a militares como civís.

3. 3. 3. Ao longo da súa vida debeu facer fronte a numerosos conflitos e procesos xudiciais

4. É desterrada da cidade en 1596

5. Falece en 1643 en Cambre, onde tiña diversas propiedades.


1. Inicia a súa formación da man de Xoana Brocos, despois entra no taller de Tito Vázquez.
2. Participa na I Exposición Nacional Trienal de Belas Artes.
3. Concedéronlle a Medalla de Honor como homenaxe póstuma ao consunto da súa obra e dedicación artística.
4. O concello compostelán desícalle á súa pintura unha sala no museo da cidade.
5. Entre as súas obras están: O Zapateiro, A señora Andrea, A nena do remuíño, Moza do Rostro, Moziña de Pite, Moza de Fisterra,...




1. Profesora de lingua e literatura galega e escritora.
2. Figura relevante do
movemento feminista e Galicia e na Península Ibérica.
3. Escribiu narrativa, poesía e teatro.

4. É autora do primeiro ensaio feminista de Galicia.

5. Fundou a revista Festada palabra silenciada.




1. Naceu en Hanover.

2. Nun principio colaborou nas investigacións astronómicas do seu irmán.

3. Descubriu un cometa en 1786.

4. Converteuse na primeira muller considerada oficialmente como científica.

5. Recibiu a medalla de ouro da Royal Astronomical Society.

06/02/10

Día de San Valentín I

Comezamos a publicar unha serie de vídeos complementares á exposición de poesía amorosa que temos no instituto. Xa sabes, se non sabes como dicirllo mándalle un poema ou cántalle unha canción.

01/02/10

Día da Paz

O alumnado de 4º de ESO interpretou a canción "Imagine" no vestíbulo do Instituto no recreo do venres 29 de xaneiro como contribución á celebración Día Internacinal da Paz.

31/01/10

Máis de mil grous pola PAZ

Durante o mes de xaneiro estivemos facendo grous de papel co obxectivo de xuntar mil e colgalos no vestíbulo do instituto para sumarnos ao desexo mundial da Paz. Baseámonos nunha lenda xaponesa segundo a cal se consegues facer mil grpus de origami conseguirás o que desexes e na historia de Sadako Sasaki que podedes ler nesta ligazón. Conseguimos facer moitas máis cás mil que precisabamos. Nestas fotos podedes ver o traballo e como quedaron.

17/01/10

Decálogo para ser lingüisticamente sostibles

Este décalogo recolle o traballo das compañeiras das Biblioteca do C.E.I.P. Frian - Teis e do IES Val de Tea, baseado nun traballo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, proclamado pola ONU Ano Internacional das Linguas. Moitas grazas ás dúas pola súa xenerosidade compartindo este traballo con todos/as nós.
Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

16/01/10

Anxo Fariña visita o noso centro

O próximo luns o escritor e debuxante Anxo Fariña visitará o noso centro para falar dos seus libros e en concreto de Os Megatoxos co alumnado de 1º de ESO. Nas ligazóns anteriores poderedes acceder aos blog do autor e dos Megatoxos. O alumnado está moi ilusionado con esta visita, xa vos contaremos proximamente como foi, mentres tanto podedes ver esta actividade que o autor trealizou no museo das palabras Verbum de Vigo.