No noso centro e na nosa biblioteca falamos linguaxe de signos por un día. O venres 6 de xuño recibimos a visita dun grupo de alumnas e profesores do Colexio de xordos Nosa Señora do Rosario de A Coruña cos que este curso estivemos colaborando na recollida de tapóns para a súa reciclaxe e que este ano doamos á Asociación Areal de Cambre. Ademais participaron tamén na homenaxe que realizamos á nosa alumna Sara Segade en memoria da cal realizamos este ano o debuxo cos tapóns na pista do instituto.
Visita do Colexio Nosa Señora do Rosario on PhotoPeach
Mostrar mensagens com a etiqueta Visitas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Visitas. Mostrar todas as mensagens
23/06/14
19/03/14
Encontros con escritores: Francisco Castro
Hoxe visitou o noso instituto Francisco Castro para falar co alumnado de 2º de ESO das súas novelas Chamádeme Simbad e O segredo de Marco Polo. Díxonos que escribía para cambiar o mundo e explicounos como se lle ocorreran ambas novelas. Contounos tamén que foi unha das primeiras persoas en abrir un blog que aínda mantén e que se chama "A canción do náufrago". Ao rematar a conversa agasallámolo cunha camiseta da nosa biblioteca e el dedicóunos os seus libros. Aquí podedes ver imaxes do seu paso polo nosos centro.
Encontros con escritores: Francisco Castro on PhotoPeach
Etiquetas:
Encontros con escritores,
fomento da lectura,
Lecturas,
Libros de lectura,
Visitas
12/03/14
Paco Roca e David Rubín visitan a nosa biblioteca
O pasado 13 de febreiro estiveron na nosa biblioteca Paco Roca e David Rubín presentando as súas últimas obras, Los surcos del azar e Beowulf, respectivamente. Falaron da súa voacaicón e do seu traballo como creadores. Ao final deixáronos unhas preciosas dedicatorias dos seus libros.
Paco Roca e David Rubín visitan a nosa biblioteca on PhotoPeach
Paco Roca e David Rubín visitan a nosa biblioteca on PhotoPeach
Etiquetas:
Actividades,
Escritores,
Visitas
20/12/12
Visitamos a Cidade da Cultura
O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato visitou a Cidade da Cultura en Santiago. O obxecto desta visita foi percorrer as exposicións "Gallaecia petrea" e "Códices: xoias das catedrais galegas na Idade Media".
08/11/11
Programa ARCE
O alumnado de 3º de ESO que participa no programa ARCE partiu onte do aeroporto de Lavacolla con destino Sevilla para tomar parte no encontro que os centros colaboradores deste programa teñen programado esta semana en Alxeciras. Alí realizarán unha serie de actividades ao redor dos libros e a lectura no marco do proxecto "Navegando entre libros" coordinado desde esta biblioteca. Os centros participantes xunto connosco son o IES Orriols de Valencia e o IES Torre Almirante de Alxeciras que é o anfitrión deste encontro.
Subscrever:
Mensagens (Atom)