Mostrar mensagens com a etiqueta Club de lectura. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Club de lectura. Mostrar todas as mensagens

29/10/14

In Memoriam Begoña Caamaño

Esta semana finou Begoña Caamaño, autora de dous dos libros de lectura do itinerario lector do nosos instituto e do Club de lectura de Cultura Clásica. Unha perda irreparable por ser unha autora singular, unha das voces máis interesantes do panorama da narrativa actual galega cunha escrita extraordinaria, orixinal e comprometida.
A pesar de teres partido ás terras de Ávalon, a túa lembranza e a túa obra fican connosco. Esta é a humilde homenaxe que con todo cariño che facemos desde a biblioteca.


24/06/14

Roteiro do Club de lectura

Este curso realizamos o roteiro de fin de curso do noso club de lectura xunto co alumnado e profesorado do club de lectura do IES Miraflores de Oleiros. A obra que lemos en común foi O bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez e o roteiro consitiu nunha camiñata por parte da fraga de Cecebre e nunha visita á fundación na que foi residencia do autor en Cambre "Vila Florentina", alí realizamos unha serie de lecturas de textos e un xogo de pistas. Roteiro O bosque animado on PhotoPeach Aquí tedes a guía que realizamos para o roteiro.

11/12/13

Ler Ciencia na Biblioteca


Este ano as bibliotecas escolares temos como lema "Ler Ciencia na Biblioteca Escolar" e na nosa iniciamos as actividades coa posta en marcha do club de lectura de Ciencia e a lectura do libro de Isaac Asimov Viaje Alucinante.

25/06/13

Roteiro literario

Aquí vos deixamos a guía que elaboramos para desenvolver o roteiro.

24/06/13

Roteiro literario do Club de lectura

Este curso o noso club de lectura estivo irmandado co do IES Miraflores de Oleiros e para poñer o ramo a actividade fixemos un Roteiro literario seguindo os pasos dos protagonistas das novelas The Corunna boats de Xelís de Toro e A coroa de Napoleón de Jaureguizar. A actividade tivo lugar o luns 17 de xuño e nela percorremos algúns dos lugares onde se desenvolveron os feitos históricos que relatan as novelas como a Ponte do Burgo, Elviña e diversos puntos da cidade de A Coruña. Ademais, posto que este ano celebramos o cento cincuenta aniversario de Cantares gallegos, rendemos homenaxe a Rosalía recitando o poema que a escritora escribiu sobre Sir John Moore e percorremos algúns lugares transitados en vida pola escritora como a súa casa ou o Parrote. Mágoa que o tempo non nos acompañara e comezara a chover durante o noso percorrido, o cal nos obrigou a cambiar de escenario algunha das lecturas. Velaquí tedes algúns momentos do roteiro. Roteiro literario conxunto Cambre/Oleiros on PhotoPeach

13/06/13

Club de lectura de 2º de ESO

Aquí vos deixamos as actividades realizadas polo Club de lectura de 2º de ESO.