22/12/09

Un libro sempre, tamén no Nadal


Por terceiro ano consecutivo as bibliotecas escolares e municipais de Cambre preséntanvos una proposta de lecturas, cine, banda deseñada, música,… para gozar e agasallar en Nadal. Un traballo colaborativo realizado con todo o noso cariño para que o pasedes ben compartindo histoiras e ilusións durante estas vacacións. Na guía participamos: As Bibliotecas Municipais de Cambre e as Bibliotecas dos centros de ensino público: Escola Infantil, CEIP Portofaro, CEIP O Graxal, CEIP Torrente Ballester, CEIP Emilio González López, CEIP Wenceslao Fernández Flórez, IES Afonso X O Sabio e IES David Buján. Esperamos que vos guste e lembrade: “Un libro sempre, tamén no Nadal”.

Bo Nadal e Aninovo

21/12/09

Bo Nadal


Xa remata 2009 e comezamos as vacacións. Para toda a Comunidade Educativa do IES David Buján a Biblioteca A3P quere desexar un Bo Nadal e Aninovo. Paz, Amor, Felicidade e Libros, moitos libros como os que vos recomendamos na nosa guía de Nadal.

10/12/09

Día Internacional dos Dereitos Humanos



Hoxe é o Día Internacional dos Dereitos Humanos e queremos conmemoralo con estes dous carteis elaborados polas compañeiras do IES Río Cabe de Monforte e o CEIP de Pazos

03/12/09

Contra a violencia de xénero 6

O alumnado de 2º de ESO, xunto coa súa profesora Loli Cid, prepararon esta presentación contra a violencia de xénero que proxectamos no vestíbulo do instituto durante os recreos do día 25 de novembro.