Mostrar mensagens com a etiqueta Celebracións. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Celebracións. Mostrar todas as mensagens
17/03/15
Día da Muller. Marzo 2015
Este ano decoramos a árbore cos doodles de Google dedicados a mulleres científicas e cunha exposición sobre os seus traballos. Aquí tedes as fotos.
Día da Muller 2015 on PhotoPeach
Etiquetas:
Celebracións,
Día da Muller,
Exposicións
14/02/14
Feliz Día de San Valentín
Porque na biblioteca temos libros que van directos ao corazón, se vés hoxe durante os recreos, ao levar emprestado calquera fondo da mesma, levarás un destes marcapáxinas conmemorativos.
Etiquetas:
Agasallos,
Celebracións,
Marcapáxinas,
San Valentín
30/01/14
Mil paxariñas por Madiba
E foron moitas máis de mil. Este ano quixemos celebrar o Día da Paz cunha homenaxe a Nelson Mandela, falecido recentemente. A proposta, entre outras actividades, consitía en realizar mil paxariñas de papel na súa honra. Aquí tedes o resultado.
Mil paxariñas por Madiba on PhotoPeach
Etiquetas:
Celebracións,
DÍa da Paz,
Homenaxe,
Paz
Día da Paz 2014
Día da Paz 2014 na Biblioteca A3P on PhotoPeach
Etiquetas:
Celebracións,
DÍa da Paz,
Paz
28/06/13
A árbore da biblioteca
Este curso comezamos un proxecto en outubro que consistiu na creación dunha árbore situada no corredor de acceso á biblioteca e que foi mudando co paso do tempo e coas diferentes celebracións do ano: Outono, Nadal, Día da Paz, San valentín, Día da Muller, Día do Libro, Letras Galegas e Medio Natural. Aquí tedes unha mostra da súa evolución.
A nosa árbore on PhotoPeach
Etiquetas:
Celebracións,
Conmemoracións
28/01/13
Orgullo e prexuízo cumpre 200 anos
Hoxe 28 de xaneiro cúmprense os 200 anos da publicación da novela Orgullo e prexuízo de Jane Austen. Nese primeiro momento foi publicada como anónima, hoxe é unha das novelas máis famosas do século XIX. Esta novela foi levada en varias ocasións ao cine, a última delas no ano 2005. Na biblioteca podedes atopar tanto a novela como a película. Aquí tedes un fragmento da adaptación da novela para televisión realizada pola BBC no ano 1995.
Etiquetas:
Celebracións,
Conmemoracións,
Narrativa,
novela
25/01/13
Fina Casalderrey: Unha escritora de L.I.X na RAG
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Etiquetas:
Celebracións,
Escritores
24/12/12
21/12/12
Recitando a Celso Emilio
Secundamos a proposta da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüistica pechando o ano Celso Emilio co recitado do seu poema "Deitado fronte ao mar" o día 12 do XII deste 2012, ás 12h. O poema foi recitado en todas as aulas, aquí tedes un vídeo do recitado do alumnado de 2º de Bacharelato C.
Recitando a Celso Emilio from biblio a3p on Vimeo.
Etiquetas:
Celebracións,
Celso Emilio Ferreiro,
Conmemoracións,
Poesía
05/02/12
Día da Paz 2012
Como todos os anos celebramos o Día da Paz. Nesta ocasión realizamos pombas da Paz que decoraron a nosa biblioteca e a exposición de palabras pola Paz que organizamos na entrada do instituto. O dái 30 o alumnado de 4º de ESO interpretou a canción "La muralla". Aquí tedes algunhas imaxes destas actividades.
04/11/09
Samaín
Como en anos anteriores celebramos o Samaín. Esta vez foron os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO os encargados de realizar os bonecos con cabazas e castañas. Como veredes quedaron moi feitiños e coloridos. Parabéns a todos os/as artistas.
13/02/09
12/02/09
09/02/09
Bicentenario do nacemento de Charles Darwin
Esta semana, o xoves día 12, celebramos o bicentenario do nacemento de Charles Darwin, con esta entrada no blog queremos conmemorar este evento e invitámosvos en días consecutivos a achegarmonos á súa figura.
Subscrever:
Mensagens (Atom)

