21/12/09

Bo Nadal


Xa remata 2009 e comezamos as vacacións. Para toda a Comunidade Educativa do IES David Buján a Biblioteca A3P quere desexar un Bo Nadal e Aninovo. Paz, Amor, Felicidade e Libros, moitos libros como os que vos recomendamos na nosa guía de Nadal.

10/12/09

Día Internacional dos Dereitos Humanos



Hoxe é o Día Internacional dos Dereitos Humanos e queremos conmemoralo con estes dous carteis elaborados polas compañeiras do IES Río Cabe de Monforte e o CEIP de Pazos

03/12/09

Contra a violencia de xénero 6

O alumnado de 2º de ESO, xunto coa súa profesora Loli Cid, prepararon esta presentación contra a violencia de xénero que proxectamos no vestíbulo do instituto durante os recreos do día 25 de novembro.

24/11/09

Contra a violencia de xénero 2

Grazas ao blog Trafegando ronseis coñecemos este proxecto "- é +" no que participou alumnado de ESO e Bacharelato de toda España.



23/11/09

Contra a violencia de xénero

Iniciamos esta semana cunha serie de entradas contra a violencia de xénero cuxo día internacional é o próximo 25 de novembro. Todos os días son días de loita contra este tipo de agresións e frealas e cousa de todos e todas.Lembrade que o 016 é o teléfono de axuda ás vítimas.



10/11/09

Tema do mes de novembro

Vén á biblioteca e verás a exposición que temos preparada. É de medo!!

04/11/09

Samaín

Como en anos anteriores celebramos o Samaín. Esta vez foron os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO os encargados de realizar os bonecos con cabazas e castañas. Como veredes quedaron moi feitiños e coloridos. Parabéns a todos os/as artistas.

26/10/09

Día Internacional das Bibliotecas Escolares


O sábado celebrouse o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, así que estivemos de celebración. Nós celebrámolo dúas veces, o sábado nas Xornadas de Santiago e durante esta semana na Biblioteca. Aquí vos deixamos a viñeta conmemorativa que apareceu o domingo no xornal A Voz de Galicia na sección "O Calidoscopio" de Xosé Tomás.

19/10/09

Tema do mes: A Astronomía

Aquí tedes o vídeo oficial da celebración do Ano Internacional da Astronomía


16/10/09

Hipatia de Alexandría

Relacionada co tema do mes está a figura de Hipatia de Alexandría, primeira muller astrónoma, quen é a protagonista da película Ágora que vén de ser estreada.


15/10/09

Outubro: Mes da Astronomía

Ola a todos! Volvemos a poñer en marcha a biblioteca dedicando o mes de outubro a celebrar o Ano Internacional da Astronomía. Vinde visitarnos e veredes os marabillosos libros que temos dedicados a este tema.