25/01/13

Fina Casalderrey: Unha escritora de L.I.X na RAG

RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

22/01/13

Resultados da enquisa de avaliación da "Hora de ler" 1º trimestre 2012-13

A continuación podedes consultar os resultados da enquisa de avaliación da "Hora de ler" realizada entre o alumnado e o profesorado:



10/01/13

Proxecto E-twinning

No marco das actividades do proxecto E-twinning que estamos a desenvolver sobre Dickens, no mes de decembro realizamos unha exposición dos fondos que deste autor temos na nosa biblioteca. Dickens Year 2012 on PhotoPeach

24/12/12

Bo Nadal

Desde a nosa biblioteca queremos desexarvos un Feliz Nadal e boas lecturas para o 2013.

21/12/12

Guía de Nadal 2012

Outro Nadal máis aquí tedes a Guía de prospostas para o tempo de lecer que elaboramos as bibliotecas municipais e escolares de Cambre. Bo Nadal

Recitando a Celso Emilio

Secundamos a proposta da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüistica pechando o ano Celso Emilio co recitado do seu poema "Deitado fronte ao mar" o día 12 do XII deste 2012, ás 12h. O poema foi recitado en todas as aulas, aquí tedes un vídeo do recitado do alumnado de 2º de Bacharelato C.

Recitando a Celso Emilio from biblio a3p on Vimeo.

20/12/12

Visitamos a Cidade da Cultura

O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato visitou a Cidade da Cultura en Santiago. O obxecto desta visita foi percorrer as exposicións "Gallaecia petrea" e "Códices: xoias das catedrais galegas na Idade Media".

Dereitos Humanos

Celebramos o 10 de decembro o Día dos Dereitos Humanos cunha exposición de viñetas relativas aos mesmos.

25/11/12

25 de novembro.Día Internacional contra a violencia de xénero

Estes son algúns dos traballos realizados polo alumnado de 1º e 2º de ESO como denuncia da violencia machista. 25 de novembro. Día Internacional contra a violencia de xénero on PhotoPeach

15/11/12

Que Medo!!!!

Celebramos o Samaín cunha lectura de textos de medo na biblioteca. Dúas alumnas de 1º de bacharelato leron textos de Bécquer, Poe, Stocker e Fernández Paz ao alumnado de 1º de ESO. Resultou unha experiencia "arrepiante". Máis abaixo podedes ver como está decorada a nosa biblioteca.
Novembro: Un mes de Medo on PhotoPeach

09/10/12

Novo espazo da biblioteca

Comezamos un novo curso e inauguramos un novo espazo da biblioteca. Como todos sabedes a biblitoeca ás veces resulta pequena nos recreos así que ampliamos espazo no corredor do primeiro andar. Aquí tedes o novo recuncho que vimos de bautizar como Loft Lector. É un lugar onde poder ler prensa, revistas e libros e partillar as lecturas cos nosos amigos e amigas. Esperamos que sempre estea tan animado como nestes primeiros días. Loft Lector on PhotoPeach

26/06/12

Pechamos ata setembro

Xa están aquí as vacacións e o noso consello "Un libro sempre, tamén no verán". Aquí vos deixamos a nosa guía conxunta realizada polas bibliotecas municipais e escolares de Cambre. As bibliotecas escolares que participamos nesta guía somos as da Escola Infantil "A Galiña Azul", o CEIP O graxal, o CEIP Emilio González López, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez, o IES Afonso X O Sabio e o IES David Buján. Esperamos que vos guste e que gocedes do verán con boas lecturas para toda a familia. Boas vacacións!! Un libro sempre, tamén no verán on PhotoPeach

05/06/12

5 de xuño Día do Medio Natural

Hoxe celebramos o Día do Medio Natural cunha actividade incluída no Proxecto Documental Integrado que sobre Os Xogos Olímpicos vimos desenvolvendo durante este curso. A proposta do departamento de Relixión estivemos recollendo tapóns de diferentes envases de plástico co fin de axudar a unha rapaza chamada Paula e de reflexionar sobre a cantidade de plástico que empregamos e que resulta un problema medioambiental grave. Con todos os tapóns recollidos o alumnado elaborou os aros olímpicos no patio do instituto. Aquí tedes o resultado. 5 de xuño Día do Medio Natural on PhotoPeach