O alumnado de 3º de ESO baixo a supervisión da súa profesora de Música percorreu onte o instituto durante os recreos interpretando diversas pezas musicais para conmemorar o Día da Paz. Aquí podedes ver un momento da súa visita á nosa biblioteca.
31/01/13
30/01/13
Fai que floreza a Paz
A nosa árbore cubriuse de brancas pombas para conmemorar o Día da Paz. Regan a árbore pingas de Amor, Tolerancia, Amizade, Respecto, Convivencia... todo o que fai que medre a PAZ.
Fai que floreza a PAZ on PhotoPeach
28/01/13
Orgullo e prexuízo cumpre 200 anos
Hoxe 28 de xaneiro cúmprense os 200 anos da publicación da novela Orgullo e prexuízo de Jane Austen. Nese primeiro momento foi publicada como anónima, hoxe é unha das novelas máis famosas do século XIX. Esta novela foi levada en varias ocasións ao cine, a última delas no ano 2005. Na biblioteca podedes atopar tanto a novela como a película. Aquí tedes un fragmento da adaptación da novela para televisión realizada pola BBC no ano 1995.
Etiquetas:
Celebracións,
Conmemoracións,
Narrativa,
novela
25/01/13
Fina Casalderrey: Unha escritora de L.I.X na RAG
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Etiquetas:
Celebracións,
Escritores
24/01/13
22/01/13
Resultados da enquisa de avaliación da "Hora de ler" 1º trimestre 2012-13
A continuación podedes consultar os resultados da enquisa de avaliación da "Hora de ler" realizada entre o alumnado e o profesorado:
10/01/13
Proxecto E-twinning
No marco das actividades do proxecto E-twinning que estamos a desenvolver sobre Dickens, no mes de decembro realizamos unha exposición dos fondos que deste autor temos na nosa biblioteca.
Dickens Year 2012 on PhotoPeach
Etiquetas:
Conmemoracións,
Exposicións
24/12/12
21/12/12
Guía de Nadal 2012
Outro Nadal máis aquí tedes a Guía de prospostas para o tempo de lecer que elaboramos as bibliotecas municipais e escolares de Cambre. Bo Nadal
Recitando a Celso Emilio
Secundamos a proposta da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüistica pechando o ano Celso Emilio co recitado do seu poema "Deitado fronte ao mar" o día 12 do XII deste 2012, ás 12h. O poema foi recitado en todas as aulas, aquí tedes un vídeo do recitado do alumnado de 2º de Bacharelato C.
Recitando a Celso Emilio from biblio a3p on Vimeo.
Etiquetas:
Celebracións,
Celso Emilio Ferreiro,
Conmemoracións,
Poesía
20/12/12
Visitamos a Cidade da Cultura
O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato visitou a Cidade da Cultura en Santiago. O obxecto desta visita foi percorrer as exposicións "Gallaecia petrea" e "Códices: xoias das catedrais galegas na Idade Media".
Dereitos Humanos
Celebramos o 10 de decembro o Día dos Dereitos Humanos cunha exposición de viñetas relativas aos mesmos.
Etiquetas:
Dereitos Humanos,
Exposicións
25/11/12
25 de novembro.Día Internacional contra a violencia de xénero
Estes son algúns dos traballos realizados polo alumnado de 1º e 2º de ESO como denuncia da violencia machista.
25 de novembro. Día Internacional contra a violencia de xénero on PhotoPeach
Etiquetas:
25 de novembro,
Violencia de xénero
16/11/12
15/11/12
Que Medo!!!!
Celebramos o Samaín cunha lectura de textos de medo na biblioteca. Dúas alumnas de 1º de bacharelato leron textos de Bécquer, Poe, Stocker e Fernández Paz ao alumnado de 1º de ESO. Resultou unha experiencia "arrepiante". Máis abaixo podedes ver como está decorada a nosa biblioteca.
Novembro: Un mes de Medo on PhotoPeach
Etiquetas:
Lecturas de medo,
Samaín
Subscrever:
Mensagens (Atom)


