09/03/09

Concurso luns 9 de marzo


Muller 3



1.- Naceu en A Coruña.
2.- Música, poeta, ensaísta,...
3.- Tocou o violín na Xove Orquestra de Galicia.
4.- Foi profesora de lingua galega no IES de Sada.
5.- O seu último libro de poesía publicado foi En concreto.



Muller 4

1.- Foi a única muller que tomou parte na Real Expedición Filantrópica da Vacina da Variola.
2.- O seu labor sanitario foi eloxiado polo Dr Balmis
3.- Suponse que morreu en México
4.- En México, o premio ao mérito en enfermaría leva o seu nome.
5.- Foi definida como unha muller valente, aventureira, atrevida, ousada e rexia.

Muller 5

1.- Escultora estadounidense de pais venezolanos.
2.- Nas primeiras obras, pequenas esculturas en terra cocida, aparece a influencia da arte precolombina.
3.- En 1955 empezou a tallar en madeira grandes figuras de tamaño natural.
4.- As súas obras posúen unha vaga evocación surrealista e un contido satírico.
5.- Foi elixida como membro da Academia Americana das Artes e as Letras.

Mulleres propostas o luns 9 de marzo

Muller 1


1.- Unha das grandes deseñadoras do século XX.
2.- O abandono do seu pai, a morte da súa nai e a soidade espiritual marcaría para sempre a súa actitude cara á vida.
3.- Todos viron nela a unha das pioneiras do feminismo, disposta a romper fórmulas e esquemas.
4.- Contratárona para vestir a grandes musas do celuloide como Catherine Hepburn, Grace Kelly e Gloria Swanson.
5.- Iniciouse no campo dos perfumes facendo especialmente famoso un perfume que leva o seu nome.






Muller 2


1.- Naceu en Australia.
2.- Obtivo o carné de piloto comercial aos 19 anos.
3.- O seu primeiro avión chamábase Gipsy Moth.
4.- Traballou en labores humanitarias e sanitarias.
5.- Foi nomeada oficial do Imperio Británico.

08/03/09

Comeza o consurso Coñeces esta muller?





Mañá comeza o consurso, este ano, como novidade, publicaremos tamén as pistas no blog da biblioteca. Participa e sorte na procura dos datos.

09/02/09

Bicentenario do nacemento de Charles Darwin

Esta semana, o xoves día 12, celebramos o bicentenario do nacemento de Charles Darwin, con esta entrada no blog queremos conmemorar este evento e invitámosvos en días consecutivos a achegarmonos á súa figura.

29/01/09

30 de xaneiro: Conspiración pola PAZ

PAZ?????????????


PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.

PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.

PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.

Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.

Utopía imposíbel.

Palabra que xera poesía. Poesía? Poesía e Paz.

Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ

Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.
Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro ao futuro harmonioso.

Tanques de algodón

Armas de caramelo

O noso soño

O noso desexo

A nosa conspiración.






Grazas a todos as compañeiras e compañeiros do PLAMBE por este marabilloso traballo colaborativo

19/01/09

Bicentenario do nacemento de Edgar Allan Poe

Edgar Allan Poe naceu tal día coma hoxe hai douscentos anos. Hoxe tamén cumpriranse 60 anos desde que unha misteriosa figura vestida de negro deixa na súa tumba media botella de coñac e tres rosas vermellas. Imaxinamos a Poe encantado con esta homenaxe, el que escribiu contos e poemas inquietantes como A máscara da morte vermella, O escarabello de ouro ou Os crimes da rúa Morgue. A súa influencia na literatura chega ata a actualidade, basta con ler o bestseller A sombra de Poe de Matthew Pearl ou escoitar as cancións de Lou Reed ou Radio Futura.

17/01/09

16/01/09

Encontros con escritores: Francisco Fernández Naval

O pasado luns o escritor Francisco Fernández Naval visitou a nosa biblioteca e falou co alumnado de 4º de ESO sobre os motivos que o levaron a escribir historias. Contounos que súa na lles contaba contos a el a súa irmá mentres comían e que iso xunto coa súa afección ao cine son as causas de que comezara a escribir. Fanounos tamén dun dos libros que máis o marcaran de neno: Os fillos do capitán Grant de Xulio Verne. Díxonos que tanto lle gustara este libro que xa de maior fixera unha viaxe pola Patagonia para seguir os pasos dos protagnistas do libro na procura do capitán Grant.

21/12/08

Guía de recomendacións para o tempo de Nadal


As bibliotecas municipais e escolares de Cambre estivemos traballando na elaboración dunha guía conxunta de suxestións para agasallos de Nadal. É este o terceiro traballo que realizamos en colaboración co concello e temos que dicir que a experiencia é sumamente enriquecedora. Estamos realmente moi orgullosos do resultado que vos presentamos e que repartimos en todos os centros de ensino do concello e que se distribúe tamén a través das bibliotecas municipais. Os centros que participamos no proxecto somos: Galescola, CEIP Portofaro, CEIP O Graxal, CEIP Torrente Ballester, CEIP Emilio González López, CEIP Wenceslao Fernández Flórez, IES Afonso X O Sabio e IES David Buján.



Desde as bibliotecas municipais e escolares de Cambre desexámosvos Bo Nadal e propoñémosvos esta guía de propostas para agasallar nas próximas festas. Incluímos libros para todas as idades, banda deseñada, dvds, cds, todo un mundo para gozar e compartir. É un traballo colaborativo feito con ilusión por todos nós.

Xa sabedes: Un libro sempre, tamén no Nadal.
Bo Nadal e Aninovo

18/12/08

Bo Nadal


Bo Nadal e Aninovo para toda a Comunidade Educativa do IES David Buján.