23/04/12
22/04/12
Conmemoración do día mundial do teatro (27 de marzo de 2012)
A continuación dous videos que recollen pequenas representacións teatrais que realizaron por distintas aulas do centro o alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato con motivo da celebración do día do teatro:
10/04/12
Premios do concurso "Coñeces esta muller?"
Unha vez realizado o desempate entre os equipos que acadaran a mesma puntuación durante os días do concurso,velaquí tedes os equipos gañadores da edición do 2012.Parabéns a todos os participantes e en especial ás gañadoras.
O primeiro premio foi para o equipo formado por Verónica Martínez, Ana Santiso e Sara Criado.
En segundo lugar os equipos formados por Claudia Herrón e Noelia Núñez.
E Tania Vázquez, Andrea Serra e Adriana Gómez.
08/03/12
Coñeces esta muller? Pistas día 8 de marzo
2.
Foi experta en técnicas de difracción da radiografía.
3.
Traballa no King’s College no laboratorio de Juan Randall.
4.
A súa famosa fotografía 51 revelou, de modo inconfundible, a estrutura
helicoidal da molécula do ADN.
5.
Sen embargo, o seu nome non
aparecía nas historias do descubrimento do ADN.
1.
Naceu en Roma a finais do s. XVI.
2.
Desenvolveu o mesmo oficio do seu
pai.
3.
A súa pintura mostra unha enorme
forza e violencia.
4.
Foi contratada polos Medici.
5.
Un cadro seu está nun corredor da
Galería dos Uffizi en Florencia fóra das visitas do público.
1.
Naceu en Ferrol e morreu en Vigo
no século XIX.
2. Para poder estudar na Facultade de Dereito
foi admitida a clases como oínte e viuse obrigada a asistir ás clases vestida
de varón.
3.
Foi unha audaz reformadora
social.
4.
Propuxo un sistema de seguridade social,
solicitou a creación do Corpo de
Prisións e foi unha protodefensora do pacifismo.
5. As súas teorías penitenciarias,
traducidas a varios idiomas, foron máis consideradas no estranxeiro que en
España.
1.
Naceu en Francia en 1706 nunha familia da alta aristocracia.
2.
Estudou a Descartes, Leibniz e
Newton.
3.
Aos doce anos falaba inglés, italiano,
español e alemán.
4.
Traduciu ao francés os Principia
de Newton.
5. Publicou
en 1740 “ As institucións da física”, unha obra coa que contribuíu a
divulgar os conceptos de cálculo diferencial e integral.
1.
Muller galega, virxe ou monxa, do século IV.
2. Podemos
considerala a primeira escritora española de nome coñecido.
3.
Recolle nun manuscrito a súa viaxe á Terra Santa.
4.
O códice do relato da súa viaxe ,
copiado nun pergamiño no século XI na abadía de Montecasino, foi descuberto en
1884 por un investigador italiano.
5.
O escrito desta autora divídese en dúas partes: a primeira é unha especie
de diario de viaxe; a segunda é unha descrición detallada da liturxia en
Xerusalén.
07/03/12
Coñeces esta muller? Pistas mércores 7 de marzo
1.
Naceu en Ilinois
(EEUU) nos principios do século XX.2.
2. Era xudía e os seus
avós procedían de Europa.
3. Continuadora de Simone
de Beauvoir, foi filósofa, ideóloga e xornalista.
4. Teorizou sobre “o
problema que non ten nome”.
5.
Morreu en febreiro de 2006.
1. Se o seu
nome significa algo poderiamos resumilo na frase: O amor que perdurou trala
morte.
2. Conta a
lenda que Pedro, o Infante, e esta fermosa muller fican engaiolados un do outro
con só se coñecer.
3. Foi
declarada raíña despois de morrer e o rei
determinou esculpir un túmulo funerario no Mosteiro da Alcobaça como homenaxe.
4. Estando desterrada
en Alburquerque e trala morte da súa curmá Constanza, Pedro reclama a súa volta a Coimbra.
5. Fonte de
inspiración artística e literaria e punto de encontro entre Galicia e Portuga.
Aprece, entre outras obras, nas liñas do inigualable autor portugués, Camoes.
1.
Naceu en Serantes (Ferrol)
o 3 de outubro de 1916.
2.
Foi a primeira muller a
bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica.
3.
O Concello de Ferrol
rendeulle unha homenaxe póstuma no Campus de Esteiro, onde se descubriu unha
placa conmemorativa.
4.
Foi distinguida coa
Medalla de Prata de Galicia e a Universidade da Coruña dedicoulle unha Semana
das Ciencias.
5.
Chegou a descubrir 22
especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes
oceánicas e para a pesca.
1. Unha grande actriz do teatro europeo do
século XX
2. Debutou, como primeira actriz, no ano
1942 no Teatro Mathurins
3. En
Latinoamérica mantén un intenso contacto co exilio español
4. Publicou as súas memorias co título Residente
Privilexiada.
5. Faleceu o 22 de novembro de 1996 preparando a obra El cerco de Leningrado, de José Sanchís Sinisterra.
1. Escritora estadounidensse criada desde os tres anos en
China.
2. Escribe máis de oitenta e cinco libros nos que trata
cuestións feministas e relaccionadas cos valores humáns.
3. Ofrece nas súas novelas una amable retrato de China e as
súas xentes estreitando lazos entre a cultura occidental e oriental.
4. Obtivo o premio Nobel de Literatura.
5. Paixoada activista dos dereitos humáns.
Subscrever:
Mensagens (Atom)









