11/03/13

Concurso: Pistas luns 11 de marzo



1. Dedicouse ao estudo das matemáticas e ao coñecemento dos avances científicos. 
2. A Royal Academy inglesa deulle un premio como socia de honra.
3. É coñecida como "A raíña das ciencias do século XIX". 
4. Foi nomeada xunto con Carolina Herschel membro honorario da Real Sociedade de Astronomía inglesa. 
5. Aos 89 anos escribe o seu autobiografía e segue estudando matemáticas aínda con 92 anos.





1.  Nace no seo dunha familia da baixa nobreza genovesa en 1532.
2.   O seu pai enviouna a estudar ao taller do pintor Bernardino Campi.
3.  En 1558 desprazouse a Milán, onde pintou ao Duque de Alba. 
4.  Os seus cadros poden ser vistos nas galerías en Bérgamo, Budapest, Madrid (Museo do Prado), Milán (Pinacoteca de Brera), Nápoles, Siena e Florencia (Galería Uffizi).
5.  O pintor Van Eyck a recoñece como a súa mestra.




1.  Descubriu a montaña da man do seu pai
2.  Alcanzou o cume do Everest.
3.  E tamén os picos máis altos da extinta Unión Soviética.
4.  Intentou cruzar Groenlandia a pé.
5.  Tras 59 días en solitario a través da Antártida  alcanzou o Polo Sur.






1. Naceu en Chihuahua en 1958. 
   2. Iniciou o seu activismo social en 2008 con motivo do asasinato da súa   filla. 
   3. Cos seus propios medios localizou o asasino. 
  4. Conseguiu levar as protestas pola impunidade contra o asasino da filla a nivel naciona e internacional. 
   5. O seu último lugar de protestas foi a Praza Hidalgo de Chihuahua.

   




     1. Naceu en Kent o 11 de febreiro de 1934.
     2. Estudou ilustración na Universidade de Goldsmith.
     3. En 1955 asociada co seu marido e o seu contábel abriu unha boutique de vestidos en Kings Road, Londres: o "Bazaar".
    4En 1966 foi nomeada membro da Orde do Imperio Británico polos servizos emprestados no mundo da moda.
      5. En 1988 deseñou o interior do novo Mini 1000 Designer.                    






08/03/13

Día da Muller

Neste mes de marzo, anuncio da primavera que se vai achegando, a nos árbore vístese de mulleres, moitas delas silenciadas por adiantarse á súa época e intentar desenvolver as súas profesións en igualdade cos homes. A elas debemos lembrar neste día e agradecerlles o seu esforzo pois nós estamos aquí grazas a elas e moito temos avanzado aínda que haxa moito que reivindicar e defender.

Día da Muller on PhotoPeach

07/03/13

Concurso Coñeces esta muller?

Xa está convocado o concurso Coñeces esta muller? podedes apuntarvos por equipos na biblioteca. O concurso comeza o próximo luns. Aquí tedes as bases. Animádevos!!!

06/03/13

Celebramos San Valentín

Este ano celebramos San Valentín vestido a nosa árbore de corazóns e desexos de amor, paz, amizade, tolerancia, diálogo... Mirade que bonita quedou. San Valentín 2013 on PhotoPeach

31/01/13

Música pola Paz na biblioteca

O alumnado de 3º de ESO baixo a supervisión da súa profesora de Música percorreu onte o instituto durante os recreos interpretando diversas pezas musicais para conmemorar o Día da Paz. Aquí podedes ver un momento da súa visita á nosa biblioteca.

30/01/13

Fai que floreza a Paz

A nosa árbore cubriuse de brancas pombas para conmemorar o Día da Paz. Regan a árbore pingas de Amor, Tolerancia, Amizade, Respecto, Convivencia... todo o que fai que medre a PAZ. Fai que floreza a PAZ on PhotoPeach

28/01/13

Orgullo e prexuízo cumpre 200 anos

Hoxe 28 de xaneiro cúmprense os 200 anos da publicación da novela Orgullo e prexuízo de Jane Austen. Nese primeiro momento foi publicada como anónima, hoxe é unha das novelas máis famosas do século XIX. Esta novela foi levada en varias ocasións ao cine, a última delas no ano 2005. Na biblioteca podedes atopar tanto a novela como a película. Aquí tedes un fragmento da adaptación da novela para televisión realizada pola BBC no ano 1995.


25/01/13

Fina Casalderrey: Unha escritora de L.I.X na RAG

RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

22/01/13

Resultados da enquisa de avaliación da "Hora de ler" 1º trimestre 2012-13

A continuación podedes consultar os resultados da enquisa de avaliación da "Hora de ler" realizada entre o alumnado e o profesorado:



10/01/13

Proxecto E-twinning

No marco das actividades do proxecto E-twinning que estamos a desenvolver sobre Dickens, no mes de decembro realizamos unha exposición dos fondos que deste autor temos na nosa biblioteca. Dickens Year 2012 on PhotoPeach

24/12/12

Bo Nadal

Desde a nosa biblioteca queremos desexarvos un Feliz Nadal e boas lecturas para o 2013.

21/12/12

Guía de Nadal 2012

Outro Nadal máis aquí tedes a Guía de prospostas para o tempo de lecer que elaboramos as bibliotecas municipais e escolares de Cambre. Bo Nadal

Recitando a Celso Emilio

Secundamos a proposta da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüistica pechando o ano Celso Emilio co recitado do seu poema "Deitado fronte ao mar" o día 12 do XII deste 2012, ás 12h. O poema foi recitado en todas as aulas, aquí tedes un vídeo do recitado do alumnado de 2º de Bacharelato C.

Recitando a Celso Emilio from biblio a3p on Vimeo.

20/12/12

Visitamos a Cidade da Cultura

O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato visitou a Cidade da Cultura en Santiago. O obxecto desta visita foi percorrer as exposicións "Gallaecia petrea" e "Códices: xoias das catedrais galegas na Idade Media".