17/03/15

Día da Muller. Marzo 2015

Este ano decoramos a árbore cos doodles de Google dedicados a mulleres científicas e cunha exposición sobre os seus traballos. Aquí tedes as fotos. Día da Muller 2015 on PhotoPeach

11/03/15

Día da Paz 2015

Este ano celebramos o Día da Paz realizando unha cadea de bonecos de papel.A acividade levaba por título “Unha aperta con palabras pola Paz” e tiña como obxectivo reivindicar a paz, a liberdade de expresión e, ademais, empregar a reciclaxe de xornais vellos. Velaquí tedes algunhas fotos. Día da Paz 2015 on PhotoPeach

19/12/14

Bo Nadal!

Guía de recomendacións para o Nadal

Aquí vos deixamos a nosa guía de recomendacións para o Nadal. Esperamos que aproveitedes estas vacacións para ler e gozar do tempo de lecer.

17/12/14

A nosa árbore de Nadal matemática.

Este curso estamos a celebrar as matemáticas nas nosas bibliotecas e na nosa aproveitamos para facer unha árbore de Nadal orixinal. O alumnado de 3º de ESO realizou os poliedros nas clases de matemáticas coa axuda da súa profesora e con eles realizamos a nosa árbore. Aquí tedes algunhas imaxes do proceso de realización da árbore. A nosa árbore de Nadal matemática. on PhotoPeach

16/12/14

Concurso matemático de Nadal

Este curso o tema da nosa biblioteca está realacionado coas matemáticas polo que vos propoñemos un concurso para ver quen adiviña cantos vasos de plástico foron necesarios para realizar o boneco de neve que temos na biblioteca durante estes días. Para que poidades ter éxito nesta empresa dámosvos dúas pistas. Ánimo e a participar!. Xa sabedes, as respostas podedes entregalas ata o xoves na biblioteca.

Semana da ciencia en galego

Durante a última semana de novembro realizamos o concurso "Semana da ciencia en galego". Durante esa semana fomos publicando diariamente unha pista para identificar aos nosos persoeiros, ao final publicamos a solución. Aquí tedes as pistas e as solucións. Semana da ciencia en galego on PhotoPeach

11/11/14

Samaín na biblioteca

A nosa biblioteca vístese de festa para celebrar o Samaín. Ademais de vela así de bonita podedes ver unha exposición cunha escolma de textos e películas de terror. Que mediño!!

Samaín na biblioteca on PhotoPeach

29/10/14

In Memoriam Begoña Caamaño

Esta semana finou Begoña Caamaño, autora de dous dos libros de lectura do itinerario lector do nosos instituto e do Club de lectura de Cultura Clásica. Unha perda irreparable por ser unha autora singular, unha das voces máis interesantes do panorama da narrativa actual galega cunha escrita extraordinaria, orixinal e comprometida.
A pesar de teres partido ás terras de Ávalon, a túa lembranza e a túa obra fican connosco. Esta é a humilde homenaxe que con todo cariño che facemos desde a biblioteca.


22/10/14

Hora de Ler 2014

O pasado 1 de outubro inauguramos oficialmente a Hora de Ler deste curso. Para celebrarlo baixamos a cada aula da ESO unha caixa con fondos da biblioteca para facilitar o acceso dos libros ao alumnado. A Hora de Ler consiste en 20 minutos diarios de lectura silenciosa, e desenvólvese en todos os cursos da ESO. O período durante o cal se realiza esta actividade vai mudando semanalmente segundo o calendario que se xunta. Hora de Ler 2014 on PhotoPeach

25/06/14

Un libro sempre, tamén no verán

Esta é a nosa proposta para o verán: boas lecturas e moita diversión. Felices vacacións!!! Volvemos en setembro.

24/06/14

Roteiro do Club de lectura

Este curso realizamos o roteiro de fin de curso do noso club de lectura xunto co alumnado e profesorado do club de lectura do IES Miraflores de Oleiros. A obra que lemos en común foi O bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez e o roteiro consitiu nunha camiñata por parte da fraga de Cecebre e nunha visita á fundación na que foi residencia do autor en Cambre "Vila Florentina", alí realizamos unha serie de lecturas de textos e un xogo de pistas. Roteiro O bosque animado on PhotoPeach Aquí tedes a guía que realizamos para o roteiro.

23/06/14

Visita do Colexio de xordos Nosa Señora do Rosario de A Coruña

No noso centro e na nosa biblioteca falamos linguaxe de signos por un día. O venres 6 de xuño recibimos a visita dun grupo de alumnas e profesores do Colexio de xordos Nosa Señora do Rosario de A Coruña cos que este curso estivemos colaborando na recollida de tapóns para a súa reciclaxe e que este ano doamos á Asociación Areal de Cambre. Ademais participaron tamén na homenaxe que realizamos á nosa alumna Sara Segade en memoria da cal realizamos este ano o debuxo cos tapóns na pista do instituto.
Visita do Colexio Nosa Señora do Rosario on PhotoPeach

11/06/14

Os lectores opinan

Nuno Mesías, alumno de 2º ESO, recomenda a lectura de A volta ao mundo en 80 días de Jules Verne.

 

10/06/14

Cine, ciencia e literatura

Como remate das actividades que este curso realizou a biblioteca ao redor do lema "Ler ciencia na biblioteca", tedes ata fin de curso a exposición "Cine, ciencia e literatura" no vestíbulo do instituto. Aquí podedes ver algúns dos nosos fondos relacionados entre si: película e os libros que lles serviron de base. Esperamos que vos guste. Cine, ciencia e literatura on PhotoPeach