27/04/10

As rulas de Bakunin

Onte visitounos o escritor Antón Riveiro Coello para falar co alumnado de 2º de bacharelato da súa novela As rulas de Bakunin. O escritor comezou contándonos anécdotas da súa vida para logo explicar a xénese dalgúns dos personaxes da obra e mostrarnos os lugares onde se desenvolve a acción.

8 comentários:

Anónimo disse...

Baixo o meu punto de vista, "As Rulas de Bakunin" é unha moi boa obra, xa que en dito libro, temos a posibilidade de coñecer parte da historia do noso pobo, de xeito entretido. Ademáis a historia, está ambientada xeograficamente, en lugares moi próximos e coñecidos a todos nós, o que a fai máis interesante aínda. En síntese, recomendarlle a lectura de esta obra a todo o mundo, máis especialmente a todos os que vivimos por esta zona de A Coruña.

Anónimo disse...

As rulas de Bakunin e un libro que me agradou moito posto que por unha parte e unha novela realista, por outro a cercania dos lugares donde se conta a historia como Cambre,Oleiros...Ademais diso gustoume polo feito que se ocupa de temas que moita xente non sabe que estan hai, ou ven este tema como algo moi lonxano a nos posto que por sorte non nos encontramos nesa situacion de guerra. E o caso é que esta situacion de exilio, encarceramento non fai moito que a sufriron os nosos intelectuais.

Fco Javier Bermúdez Vázquez.

Natalia Pablo Sánchez disse...

As rulas de Bakunin, foi o libro que máis me gustou dos que lin ao longo do curso. Gustoume en parte porque é un libro que che pode ser útil a hora de entender a historia de España, xa que nel se relatan feitos ocorridos no país a mediados do século XX.
Por outra parte, é un libro sinxelo de ler, e que resulta ameno.
A forma que ten Riveiro Coello de escribir, fai que o libro resulte moito más atractivo, posto que mantén a intriga ata o final, e nese sentido é similar as series televisivas, que fan que te enganches a elas, e que desexes chegar ao final para saber que lle vai ocorrer ao protagonista da historia.
A lectura, faise más sinxela porque está ambientada en lugares coñecidos pola maioria, polo que se pode ter unha concepción moito máis concreta do ambiente da historia.
Pode resultar en certo modo un libro triste, pola historia que conta, pero unha realidad, que marcou a España da época, e incluso a actual.
A miña personaxe favorita, é Camilo, posto que na miña opinión reflicte grandes valores, e en especial a loita incesante polo que quere.
Ademais a forma de relatar fai que te mergulles na historia e sentas e vivas dunha forma máis real as circustancias que abaten aos protagonistas.

Ademais a maneira de narrar a historia fai que te mergullas moito nela, e que vivas e sintas dunha maneira máis real as circunstancias que abaten aos protagonistas da historia.

Francisco Pedreira Giralda disse...

Recoméndolla a todo o mundo xa que é unha obra que serve para coñecer algúns dos acontecementos ocorridos na zona das Mariñas na Segunda República, na Guerra Civil e no franquismo.
Trátase dunha obra que se pode ler de dúas maneiras, por orde lineal ou por orde cronolóxica, xa que ten catro partes, unha transcorre dende a morte do seu avó ata 1936, coa saída de Santi Noreste do cárcere grazas a amnistía da Fronte Popular, noutra conta ata a volta da emigración, noutra dende a súa volta a Galiza ata a súa morte, e hai unha última parte que está formada por cartas dirixidas a Rosalía na que conta feitos actuais e fragmentos do seu pasado; nesta obra o narrador é autodiexético.
Finalmente, hai que dicir que, para min, a mellor parte é aquela grazas a cal coñeces as revoltas ocorridas nas Mariñas na década de 1930, como o asalto ao cuartel da Garda Civil de Oleiros ou o feito de deixar sen luz á boa parte da cidade de A Coruña.

Giselle Jonte disse...

As Rulas de Bakunin é unha excelente obra que nos amosa como era a vida naqueles tempos difíciles, onde as accións de cada un poñían a súa propia vida en perigo, e como aínda sendo deste xeito había persoas que loitaban polos seus principios e eran incapaces de rendirse, o cal converte á novela nun gran exemplo para todos nós.
A súa forma de narrar cada suceso ambientado tanto contextual como xeográficamente, fixo que me resultase moi fácil de ler, á vez que espertou o meu interese (debido á perfecta combinación dunhas historias con outras a través de vivencias comúns a todos os galegos) por chegar ao final e descubrir o punto no que se unen para darnos a coñecer a súa verdadeira esencia e a do seu personaxe principal.
Camilo, un militante anarquista é un dos meus personaxes preferidos que mostra diferentes facetas: loitadora, tenra, amable...e deume a impresión de que fora coma un verdadeiro héroe.
Por iso, non dubidarei en recomendarvos a todos que disfrutedes desta grandiosa novela.

Anónimo disse...

Lucía Camiños
Realmente o libro ten un comezo un pouco confuso porque apreces de súpeto nun lugar sen saber moi ben que sucede pero pouco a pouco podes ir entendendo a Camilo e os seus problemas. O tema da novela pareceme atractivo no sentido de que permite coñecer ós que non saben sobre a época da Guerra como vivía os revolucionarios perseguidos polos falanxistas, por outra parte persoalmente non me atrae demasiado xa que pareceme bastante repetido.
En canto á novela en si creo que o que máis me gustou foi a primeira metade da mesma posto que logo comezaba a cansarme un pouco.
Definitivamente creo que non é un mal libro pero que quizáis non é dos meus preferidos.