22/11/07

Estamos lendo ...


O alumnado de Cultura Clásica está lendo A escura luz do Tíber de Lola Gándara. A historia desenvólvese durante o mandato de Nerón. A protagonista é a pequena Marcia quen relata nos eus diarios a súa visión da vida, da morte, da amizade, do amor, e tamén da traizón e do asasinato.

11 comentários:

Anónimo disse...

Pareceme un libro interesante debido as historias que se contan como era antes a vida e tamen sobre cousas que estamos dando nesta asignatura.

Anónimo disse...

Pareceme un libro interesante xa que conta unha boa historia e ademais ensinanos cousas desta materia

Anónimo disse...

A min o libro gústame para ler en Cultura Clásica xa que é un libro que conta moitas cousas da Roma antiga, os lugares que frecuentaban, a vida...

Anónimo disse...

É entretido, pero moi lioso xa que ten moitos nomes e terminas facendote un lio. Pero aprendes vocabulario en latín, que bueno igual algún día servete de algo, e sempre e bó ter algo de cultura. A verdade non é de lectura difícil, e se che gusta ler pois ata podes pasar un bó rato.

Anónimo disse...

O libro narra a historia dunha rapaza romana. Esta ambietado na época de Nerón,describea forma de vida da xente rica.E un libro para axente que lle interese a vida romana pero a xente que non lle interese a vida romana vaille resultar moi aburrido.

Anónimo disse...

Este libro é bastante entretido aínda que que teño que decir que na miña opinión non é un dos mellores libros que lin,xa que e bastante dificil de ler e ademais hai moitos personaxes con nomes dificiles de recordar,penso que este libro é para un publico que lle interese o relacionado coa Grecia e Roma Clasica.

Anónimo disse...

Este libro está ben para aprender un pouco mais da cultura de Roma aínda que con un vocabulario un pouco avanzado.

Anónimo disse...

A min non me gusta o libro porque é moi lioso porque ten moitos nomes raros, pero é bo para coñecer algo sobre a sociedade romana.

Anónimo disse...

Aínda que é bo para coñecer a sociedade romana, é un pouco lioso, pero, en xeral, está ben, e lese facilmente. Se cadra o máis difícil, o vocabulario, con tantos nomes latinos

Anónimo disse...

Este libro é un libro moi pouco recomendable como obra para o entretemento,xa que os seus contidos didácticos son demasiados abundantes,isto provoca que o lector non se poda concentrar na trama dos personaxes.

Anónimo disse...

Os alumnos de 4ºESO de Cultura Clásica estamos a ler A Escura luz do Tíber de Lola Gándara.
Trátase dunha novela moi entretida e interesante. A escura luz do Tíber amósanos unha cultura diferente e, na miña opinión, resulta moi didáctico.

Firmado: Noelia Ferreño.