13/03/09

Concurso Mulleres, venres 13 de marzo

Muller 1
1.- A súa nai oponse duramente a súa inclinación cara á arte por consideralo unha desviación radical das regras que rexen a vida burguesa na sociedade do momento..
2.- Coñece e traballa xunto a Auguste Rodin.
3.- As súas crises nerviosas empezan a ser cada vez máis frecuentes chegando, nalgunhas delas, a destruír parte da súa obra polo que termina sendo recluída nun sanatorio psiquiátrico.
4.- Posúe unha gran habilidade técnica para a escultura dominando á perfección a talla do mármore.
5.- O abandono escultura feita en 1888 sería a resposta ao bico en bronce de 1886 de Auguste Rodin.

Muller 2

1.- Bioquímica e farmacóloga estadounidense.
2.- Filla de inmigrantes, pasou os seus primeiros anos de vida nun barrio humilde de Nova York.
3.- Na década dos 90 recibiu o Premio Lemelson- MIT ao logro de toda unha vida.
4.- Non conseguiu un posto de investigadora pola súa condición de muller e tivo que traballar como asistente de laboratorio e profesora de instituto.
5.- Entre os seus descubrimentos destacan a Azatioprina, Allopurinol, Pirimetamina, Timetoprim e Aciclovir.

Muller 3

1.- Acabou os seus estudios de Medicina en 1927 e xubilouse en 1965.
2.- Quixo entrar a estudiar en Harvard onde non admitían mulleres.
3.- O seu libro Congenital Malformations of the Hearth convertiuse na “biblia” dos médicos que elixían a especialidade de cirurxía pediátrica.
4.- Desenvolveu unha técnica cirúrxica para paliar a situación dos nenos e nenas que padecían cianose.
5.- En 1947 recibiu o premio do Women’s Nacional Press Club.


Muller 4

1.- Foi a primeira muller dedicada á astronomía en EEUU.
2.- Ensinou astronomía a mulleres no Vassar College.
3.-Descubriu un cometa que leva o seu nome.
4.-Pertenceu á Asociación americana para o Avance das Ciencias.
5.-Un cráter da lúa leva o seu nome.


Muller 5

1.- Historiadora e escritora naceu en Madrid no ano 1927 e morreu en Valencia.
2.- O seu último libro publicado en 1980 Llibre d’ amic e amada tivo escaso eco.
3.- En 1976 publica unha novela na que magnifica a Altea da súa infancia.
4.- O seu avó foi decano do Centro de Cultura de Valencia e membro da entidade valencianista Lo Rat Penat.
5.- Entre as súas obras de historia valenciana destacan Jaime el Conquistador en Alicante.

Sem comentários: