Hoxe celébrase o Día Internacional do libro e dos dereitos de autor. Hoxe tamén, como cada ano, entrégase o Premio Cervantes do 2008. O autor galardonado este ano é Juan Marsé, novelista español pertencente á chamada Xeración dos 50 xunto con Jaime Gil de Biedma, Juan Goytisolo, Terenci Moix, Eduardo Mendoza ou Manuel Vázquez Montalbán. Marsé é un escritor autodidacta que desenvolveu traballos moi variados ao longo da súa vida e que se deu a coñecer como escritor no ano 1960 coa novela Encerrados con un solo juguete. As súas novelas foron traducidas a moitos idiomas e moitas delas levadas ao cine. Para saber máis vén á biblioteca e recolle o minilibro conmemorativo. No vídeo que segue escoitarás o autor falar da súa obra.
Sem comentários:
Enviar um comentário