1.
É a líder dun partido de
centro-esquerda.
2. O seu pai tamén
era político.
3.
Foi Primeira Ministra do seu país en dúas ocasións.
4. Viviu durante un tempo no exilio.
5. Foi asesinada recentemente.
1.
Naceu
no século XIX en Kansas.
2.
Durante
a primeira guerra mundial faise enfermeira voluntaria e intenta estudar
Medicina.
3.
Son
súas estas palabras: “O desexo íntimo de sobrevoar o Atlántico soa era algo novo
para min. Antes xa afrontara outros Atlánticos. Todo o mundo ten o seu propio
Atlántico que conquistar. Calquera cousa que queiramos facer de verdade, contra
a opinión dos veciños e o chamado “sentido común” é un Atlántico”
4.
O
seu primeiro avión chamábase “ o canario”.
5.
En
Estados Unidos era coñecida como “Lady Lindy”.
1.
Toma posesión do inmenso
ducado de Aquitania trala morte de seu pai nunha peregrinación a Santiago de
Compostela.
2.
Participa activamente, na
compaña do seu marido, na 2ª Cruzada a Terra Santa.
3.
Contrae matrimonio con
dous importantes reis daquela época: Luis VII de Francia e Enrique II de
Inglaterra.
4.
Foi mecenas de numerosos
trovadores adquirindo na súa corte de Poitiers unha grande auxe a lírica
cabaleresca.
5.
Tivo unha vida política
moi activa promovendo a rebelión dos propios fillos contra o rei, seu pai, e
permanecendo por elo encarcelada durante varios anos.
1. Traballou como costureira.
2. Viviu a Guerra Civil no País Vasco.
3. Viviu no Courel.
4. Era escritora e só publicou un libro en vida.
5. No ano 2007 escoitamos falar moito dela.
1.- Naceu en
Baltar na provincia de Ourense en 1898.
2.- Muller de inquietudes culturais tivo relación con
intelectuais e galeguistas como Paz Andrade, Álvaro de las Casas ou Fernández
Mato.
3.- Foi membro fundador da Academia Médico- Quirúrxica de
Vigo e da Alianza Francesa desa cidade.
4.- Fixo a súa
tese de doutoramento en Madrid sobre as variacións da colesterina en relación
coa anestesia baixo a dirección do doutor Recaséns.
5.- Especializouse
en Xinecoloxía, aínda que a ela teríalle gustado ficar na clínica do doctor Gil
Casares onde se trataban enfermidades do pneumotórax.
Sem comentários:
Enviar um comentário