Aquí tes as preguntas do concurso:
1.
De
que autor universal celebramos en 2012 o 200 aniversario do seu nacemento?
2.
Cal
foi o primeiro libro da historia impreso nunha imprenta?
3.
Por
que se escolleu o 23 de abril para conmemorar o Día Internacional do Libro?
4.
Que
libro fundamental da literatura galega cumpre 150 anos neste 2013?
5.
Que
autor levou a Alicia ao país das marabillas e fixo que cruzara un espello?
6.
Que
autora gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil coa súa novela Donde los árboles cantan?
7.
Cal é
autor de literatura infantil e xuvenil en galego máis premiado?
8.
Que
autor fixo viaxar aos seus personaxes Da
terra á lúa?
9.
Que
autor galego recreou o mundo artúrico na selva de Esmelle?
10.
Que
autora contemporánea levou ao seu personaxe de Morgana á devandita selva?
11.
Onde
se desenvolve a trama da novel Pedro
Páramo?
12.
Que
autor foi o primeiro en introducir o personaxe dun vampiro na súa obra?
13.
En
1913 publicouse un libro dun famoso e prolífico poeta galego. Como se chama
este libro? Quen é o seu autor?
14.
Katniss,
Peeta e Gale son os protagonistas dunha triloxía literaria moi coñecida. Con
que título coñecemos eta triloxía?
15.
“Tusitala”
significa “contador de historias” en samoano. Así chamaron os samoanos a un
escritor escocés autor de dúas das novelas máis populares de todos os tempos.
Quen é ese autor? Cal é a súa obra máis coñecida?
16.
A coroa de Napoleón e The
Corunna boats teñen en común un acontecemento histórico. Cal é?
17.
Indica
un autor/a de literatura galega e outro/a de literatura castelá que aparezan na
prestixiosa lista White Ravens.
18.
Un
dos institutos de Oleiros leva o nome dun famoso escritor galego. Cal é o seu
libro máis coñecido?
19.
Que
escritor castelán utilizou o pseudónimo de Fígaro?
20.
Que
autor en castelán foi o autor da primeira novela transmedia?
Sem comentários:
Enviar um comentário