Adiós, ríos, adiós, fontes from biblio a3p on Vimeo.
15/05/13
Cantares gallegos cumpre 150 anos
Cúmprense 150 anos da publicación da obra de Rosalía de Castro, Cantares gallegos, obra fundamental na historia da nosa literatura contemporánea. A obra foi publicada na primavera de 1863 e, aínda que non se sabe exactamente a data da súa saída do prelo, tradicionamente consideramos o 17 de maio como o día deste acontecemento debido a unha dedicatoria que a autora escribiu nese día para dedicarlle a obra a outra escritora da época, Fernán Caballero.
Foi por iso que no ano 1963 un grupo de intelectuais propuxo dedicar este día á conmemoración da nosa literatura. Cúmprense, así, neste ano os 50 anos da instauración desta data: o Día das Letras Galegas.
Para conmemorar estes feitos aquí tedes un dos poemas máis populares do libro recitado por alumnas de 1º de bacharelato C.
Etiquetas:
Dïa das Letras Galegas,
Poesía,
Recitado,
Rosalía de Castro
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário