12/05/13
O noso patrimonio I
Abrimos unha serie de publicacións de traballos realizados polo alumnado da materia Historia de Galicia de 2º de bacharelato sobre o nos patrimonio artístico. Aquí tedes a primeira entrega sobre os Petos de ánimas.
Etiquetas:
Arte,
Historia de Galicia,
Traballos alumnado
23/04/13
Canto sabes de libros?
Aquí tes as preguntas do concurso:
1.
De
que autor universal celebramos en 2012 o 200 aniversario do seu nacemento?
2.
Cal
foi o primeiro libro da historia impreso nunha imprenta?
3.
Por
que se escolleu o 23 de abril para conmemorar o Día Internacional do Libro?
4.
Que
libro fundamental da literatura galega cumpre 150 anos neste 2013?
5.
Que
autor levou a Alicia ao país das marabillas e fixo que cruzara un espello?
6.
Que
autora gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil coa súa novela Donde los árboles cantan?
7.
Cal é
autor de literatura infantil e xuvenil en galego máis premiado?
8.
Que
autor fixo viaxar aos seus personaxes Da
terra á lúa?
9.
Que
autor galego recreou o mundo artúrico na selva de Esmelle?
10.
Que
autora contemporánea levou ao seu personaxe de Morgana á devandita selva?
11.
Onde
se desenvolve a trama da novel Pedro
Páramo?
12.
Que
autor foi o primeiro en introducir o personaxe dun vampiro na súa obra?
13.
En
1913 publicouse un libro dun famoso e prolífico poeta galego. Como se chama
este libro? Quen é o seu autor?
14.
Katniss,
Peeta e Gale son os protagonistas dunha triloxía literaria moi coñecida. Con
que título coñecemos eta triloxía?
15.
“Tusitala”
significa “contador de historias” en samoano. Así chamaron os samoanos a un
escritor escocés autor de dúas das novelas máis populares de todos os tempos.
Quen é ese autor? Cal é a súa obra máis coñecida?
16.
A coroa de Napoleón e The
Corunna boats teñen en común un acontecemento histórico. Cal é?
17.
Indica
un autor/a de literatura galega e outro/a de literatura castelá que aparezan na
prestixiosa lista White Ravens.
18.
Un
dos institutos de Oleiros leva o nome dun famoso escritor galego. Cal é o seu
libro máis coñecido?
19.
Que
escritor castelán utilizou o pseudónimo de Fígaro?
20.
Que
autor en castelán foi o autor da primeira novela transmedia?
Etiquetas:
Concursos,
Día do Libro
21/04/13
Día do Libro. Canto sabes de libros?
Este ano realizamos un concurso conxunto co IES Miraflores de Oleiros para celebrar o Día do Libro. Aquí tedes o cartel do concurso e podedes consultar as bases. Participade!!!
Bases:
1.
Poderá
participar todo o alumnado dos IES Miraflores de Oleiros e David Buján de
Cambre.
2.
A
participación deberá ser en equipos de catro membros como máximo.
3.
O
concurso terá una duración de catro días, desde o 23 ao 26 de abril de 2013.
4.
O
concurso consistirá en responder a 20 preguntas relacionadas cos libros e a
literatura.
5.
O día
23 de abril publicaranse as preguntas nos blogues da biblioteca de cada
instituto.
6.
As
respostas deberán ser enviadas por correo electrónico ao enderezo: bibliotecaestacioncentral@gmail.com
7.
No
correo deberá figurar como asunto “para o concurso literario”, e no corpo do
mesmo deberán figurar os nomes dos membros do grupo xunto co curso e o
instituto no que están matriculados.
8.
As
respostas poderán incluírse no correo como un arquivo adxunto.
9.
Os
resultados publicaranse o día 29 de abril nos blogues das bibliotecas dos dous
centros. Cada resposta correcta obterá 1 punto. Gañará o equipo que consiga
máis puntos.
10.
En caso de empate, ao remate do concurso
celebrase un desempate que será anunciado nos blogues ao mesmo tempo cós
resultados.
11.
En
caso de reclamación, esta farase por escrito e entregarase na secretaría do
instituto ao día seguinte da publicación dos resultados.
12.
O
equipo gañador de cada centro participará no roteiro literario conxunto que se
realizará a final de curso.
Etiquetas:
Colaboracións,
Concursos,
Conmemoracións,
Día do Libro
18/04/13
Día Internacional do Teatro no IES David Buján
Para conmemorar o Día Internacional
do Teatro, o pasado martes 9 de abril, o grupo de traballo da
Biblioteca do IES David Buján organizou unha dobre actividade. Na
primeira, un grupo de alumnos escenificaron unha tarde de picnic no
vestíbulo do centro. Esta performance buscaba sorprender ao alumnado e promover a súa reflexión sobre a
contaminación -acústica, ecolóxica e humana- que xeramos cando
nos reunimos nunha celebración.
Na
segunda actividade, catro grupos de alumnos de 3º ESO B levaron o
teatro ás aulas. Cunhas sinxelas adaptacións de El
Lazarillo de Tormes e do
Misterio Bufo de Darío
Fo, interrumpiron a rutina das clases cun espectáculo
inesperado para os seus compañeiros.
Microteatro no IES David Buján:
15/03/13
Concurso: Pistas venres 15 de marzo

1.
Desde moi nova destacou polo seu virtuosismo como pianista e compositora.
2.
Morreu aos 41 anos dun derrame cerebral.
3.
Moitas das súas composicións foron publicadas baixo o nome do seu famoso
irmán.
4.
Nos salóns musicais que organizaba presentou a obra de Mozart, Bach ou
Beethoven ao público de Berlín.
5.
En 1829 casou cun pintor alemán, que a animou a continuar coa súa carreira
musical.
1. Viviu no século XII.
2. Foi abadesa e defendeu
sempre a independencia do seu mosteiro.
3. Foi escritora,
pintora, música, médica, farmacéutica e teóloga.
4. Defendía a pobreza, a
austeridade, a oración e a caridade.
5. En 2012 foi nomeada doutora da Igrexia.
2.
Pertenceu ao Instituto de Estudios Galegos e a Real Academia Galega.
3.
Estudou na Escola Normal da Coruña, obtendo o número 1 da súa promoción.
4.
Fundou institucións benéficas como “ O neno descalzo” e “O comedor e
roupeiro da Guarda”.
5.
Foi represaliada polo franquismo e apartada da docencia no ano 1937.
2.
Foi a primeira muller profesora universitaria de matemáticas.
3.
O matemático alemán Karl Weierstrass foi o seu mestre e amigo.
4.
Foi premiada pola Academia de Ciencias de París polo seu traballo sobre o
problema de rotación dun corpo sólido ao redor dun punto fixo baixo a
influencia da forza da gravidade.
5.
Escribiu tamén novelas e obras de teatro.
2.
Viviu en Venecia
dacabalo entre os séculos XIV e XV.
3.
Cos seus escritos
tentou loitar contra a misoxinia da época.
4.
O seu libro máis
importante foi publicado en galego no 2004 pola editorial Sotelo Blanco.
5.
Toda a súa
produción literaria defende unha sociedade nova e un novo espazo para as
mulleres.
Etiquetas:
Concursos. Día da Muller
14/03/13
Concurso: Pistas xoves día 14 de marzo

1.
A súa
primeira actuación en público como cantante foi nunha voda en 1600.
2. Non hai acordo sobre a data da súa morte. Unhas fontes sitúana en 1630 aínda que outras en 1640.
3. Obtivo un dos seus maiores éxitos en 1625,cunha ópera composta para a
visita do príncipe Ladislaus Sigismondo.
4 . Escribiu música para moitos intermedios na Corte dos Médicis.
5. A pesares de compoñer obras seculares, relixiosas, vocais e
instrumentais. A única colección que perdura é unha publicación de 1618.
1.
Naceu nun pobo de Cabo Verde.
2.
José da Silva persuadiuna para ir a Paris.
3.
A súas cancións falan en xeral da longa e amarga historia de illamento do
país e do comercio de escravos, así como da emigración.
4.
O presidente de Francia Jacques Chirac outorgoulle a medalla da Lexión de
Honra.
5.
É coñecida como “a diva dos pés descalzos”.
1.
Naceu en Roma en 1905.
2.
Foi pioneira do tenis feminino en España.
3.
Participou entre outros nos torneos de Winbledon e Rolan Garros.
4.
Utilizou por vez primeira unha saia-pantalón no torneo de Wimbledon.
5.
Publicou en Londres o libro Modern
lawn tennis
polos dereitos civís en Estados Unidos.
2.
Era costureira.
3.
No 1999 foille concedida a medalla de ouro
do Congreso Norteamericano.
4.
Morreu en 2005 aos 92 anos.
5.
Á súa morte recibiu honores reservados
aos Presidentes dos Estados Unidos.
1.
Xeóloga, xestora científica e política española.
2.
Foi a terceira muller catedrática de España.
3.
Especializouse en sedimentología e estratigrafía do Triásico e do Pérmico.
4.
Foi decana da Facultade de Ciencias Geológicas.
5.
Recibiu a distinción de Oficial da Lexión de Honor de Francia.
Etiquetas:
Concursos. Día da Muller
13/03/13
Concurso: Pistas mércores 13 de marzo

1.
Alumna
de Nadia Boulanger.
2. García Lorca dedicoulle un poema.
3. Estreou con M. de Falla a versión a catro mans de Noites nos xardíns de
España (Paris, 1921)
4. Abriu unha galería de arte en México onde Remedios Varo, en 1956,
realizou a súa primeira exposición individual.
5. Obras súas son: Española, Preludios,Tango, e Petite
suite.
1. Forma parte dun pequeno grupo de trobairitz (trobadoras) que
compoñían música secular nos séculos XII e XIII.
3. Os seus poemas a miúdo eran acompañados pola música dunha frauta.
4. Súa é a única peza trobadoresca de autoría feminina.
1.
Foi alumna de Gabriel Fauré
3.
Foi clave na recuperación da obra de Monteverdi nos anos 30 de século XXX.
1.
A súa nai era unha pintora de grande talento,
a súa irmá xemea foi unha coñecida pintora e o irmán maior un famoso
arquitecto.
2.
Na década dos sesenta dirixiu o
Centro de Investigación Neurobiolóxica de Roma.
3.
No ano 1983 foi premiada co premio
Louisa Gross Horwitz da Universidade de Columbia xunto a Stanley Cohen e Victor
Hamburger.
4.
Foi investida Doctora “honoris
causa” pola Universidade Complutense de Madrid.
5.
Déronlle o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía xunto ao seu
colaborador polos traballos sobre os factores de crecemento nervioso.
1.
A primeira maratón na que participou
foi na Maratón de Boston de 1967.
2.
Dedicase a loitar contra a
desigualdade entre mulleres e homes.
3.
No plano deportivo correu 35
maratones.
4.
Gañou o maratón de New York.
5.
Está entre as dez primeiras mulleres
coa mellor marca do mundo.
Etiquetas:
Concursos. Día da Muller
12/03/13
Concurso: Pistas martes 12 de marzo
1. Estudou física na Universidade de Viena.
2. Descubriu un novo elemento químico.
3.
É unha das figuras máis importantes da física moderna e foille injustamente
negado o premio Nobel de Química de 1944.
4.
Loitou toda a súa vida polo uso pacífico da enerxía atómica.
5.
O elemento químico de número atómico 109 leva o nome no seu honor.
1.
A súa carreira literaria comeza baixo diversos pseudónimos.
2.
En Kenia explotou unha plantación de café.
3.
En 1931, a morte do seu amante e a baixa nos mercados internacionais do
prezo do café obrigárona a volver a Europa.
4.
Unha das súas obras foi levada ao cine por Sydney Pollack.
5.
Un asteroide leva o seu nome no seu honor.
1. O 8 de xuño de 1901 casou na Coruña co nome de Mario Sánchez.
2. A súa unión matrimonial tivo lugar
100 anos antes da aprobación do matrimonio homosexual en España.
3. Estudou na Escola Normal de Mestras
de A Coruña, onde coñeceu a súa parella.
1. Naceu en Zaragoza o 29 de decembro de 1975.
2. Aos 19 anos padeceu unha neuropatía que a fixo perder
a mobilidade.
3. O seu palmarés ten 22 medallas.
4. O 31 de xaneiro do 2013 viaxou a sede do Comité
Paralímpico Internacional en Bonn para presentar o dossier da candidatura de
Madrid para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos do ano 2020.
5. Foi
condecorada coa Real Orde do Mérito Deportivo.
1. Cantante e compositora italiana do
Barroco.
2. Foi invitada a cantar e participar
nos grupos de discusión na Academia dos unísonos.
3. Un dos seus mecenas foi Fernando II
de Austria.
4. A gran maioría da súa obra foi
escrita para ser interpretada por ela mesma.
5. A súa música está profundamente
arraigada na técnica denominada segunda práctica.
Etiquetas:
Concursos. Día da Muller
11/03/13
Concurso: Pistas luns 11 de marzo

1. Dedicouse ao estudo das matemáticas e ao coñecemento dos avances científicos.
2. A Royal Academy inglesa deulle un premio como socia de honra.
3. É coñecida como "A raíña das ciencias do século XIX".
4. Foi nomeada xunto con Carolina Herschel membro honorario da Real Sociedade de Astronomía inglesa.
5. Aos 89 anos escribe o seu autobiografía e segue estudando matemáticas aínda con 92 anos.

1. Nace no seo dunha familia da baixa nobreza genovesa en 1532.
2. O seu pai enviouna a estudar ao taller do pintor Bernardino Campi.
3. En 1558 desprazouse a Milán, onde pintou ao Duque de Alba.
4. Os seus cadros poden ser vistos nas galerías en Bérgamo, Budapest, Madrid (Museo do Prado), Milán (Pinacoteca de Brera), Nápoles, Siena e Florencia (Galería Uffizi).
5. O pintor Van Eyck a recoñece como a súa mestra.

1. Descubriu a montaña da man do seu pai
2. Alcanzou o cume do Everest.
3. E tamén os picos máis altos da extinta Unión Soviética.
4. Intentou cruzar Groenlandia a pé.
5. Tras 59 días en solitario a través da Antártida alcanzou o Polo Sur.
1. Naceu en Chihuahua en 1958.
2. Iniciou o seu activismo social en 2008 con motivo do asasinato da súa filla.
3. Cos seus propios medios localizou o asasino.
4. Conseguiu levar as protestas pola impunidade contra o asasino da filla a nivel naciona e internacional.
5. O seu último lugar de protestas foi a Praza Hidalgo de Chihuahua.
1. Naceu en Kent o 11 de febreiro de 1934.
2. Estudou ilustración na Universidade de Goldsmith.
3. En 1955 asociada co seu marido e o seu contábel abriu
unha boutique de vestidos en Kings Road, Londres: o "Bazaar".
4. En 1966 foi nomeada membro
da Orde do Imperio Británico polos servizos emprestados no mundo da moda.
5. En 1988 deseñou o interior
do novo Mini 1000 Designer.
Etiquetas:
Concursos. Día da Muller
Subscrever:
Mensagens (Atom)



















