Pel de lobo, Xosé Miranda, novela gañadora do Premio Merlín 2002. Unha novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome. O autor crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas mesturadas cunha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da aldea, ou as historias de cazadores.
9 comentários:
130992
A min gustoume moito o conto.
O que máis me gustou foi que o autor tiña medo da noite,porque as noites de inverno eran sagradas para os lobos´pero resultou ser que o lobo que el estaba buscando,era un lobo negro moi intelixente,que ía acompañado doutro lobo blanco,e segun decian os contos,o que o cazador estaba buscando non era un lobo normal e corrente,senon que era un lobishome.
Zaira Pérez Amor 3ºA
O libro "pel de lobo" e un libro de facil lectura, e tamen e un libro que non aburre.
persoalmente gustoume moito
un saudo
Pel de lobo foi un libro interesante, que se lee rápido xa que mantén a intriga ata ó final.Ademáis gustounos porque describía moi ben ós persoaxes e as situacións nas que se desenvolvian.
a min, o libro gustoume, paréceme que Xosé Miranda é un autor excelente, e aquí o demostrou con creces. Pel de lobo é un relato que se pode ler nunha tarde, é divertido, ten un pouco de intrifa e mesmo un chisco de medo. segundo vas lendo, vas atopando pistas do final e o vas imaxinando. hai escenas de amor, acción, e mesmo desolació. Este libro te ensina que ler pode ser divertido. non sempre tes que ler por obrigación dos profes
A min pareceume un libro moi ameno, en ocasións, divertido, noutras, sinistro.
Gustáronme moito as dúas irmás, sobre todo Ana, e o manflorito, Rosa ou Roso dos Chantos, que era moi gracioso.
Pel de lobo pareceume un relato que en poucas páxinas conta unha historia fantástica como podería contar o avó da aldea: criaturas míticas, avisos do que vai pasar e susurros de intriga, a pesar de que xa se coñece o final aproximadamente grazas as pistas que o autor deixa caer.
Camoume moito a atención Rosa dos Chantos, o anano manflorito. Non sabía que se falaba de personaxes coma este, e tampouco sabía que o lobishome chámase nalgúns lugares ''lobo da xente'', e que non ten nada que ver co das películas americanas.
Por iso e pola aventura que conta gustoume bastante este relato.
Pel de lobo é un libro que me gustou; está baseado nunha Galiza menos desenvolvida ca de agora na que a vida era máis pobre e non habia tanta tecnoloxía como agora.
O libro ensina moitas cousas sobre como se cazan os lobos e a vida naquela época; a forma de pensar de moita xente e os costumes que tiñan son exemplos que se deixan moi claros na novela.
Con el pasei un bo rato (agás cando especificaba as cousas que lles facian ós lobos) e coñecín moitas cousas da galiza pasada.
Eu creo que o libro de pel de lobo,escrito por Xosé Miranda,é un libro divertido.Ese libro trata de aventuras e de medo.
Este libro é curioso, a min gustoume en parte porque son distintas emnocións polas que pasas ao longo do libro. A min ao principio pareceume moi aburrido, pero segundo fun lendo vin que cada vez se facía máis entretido e lino nun intre. Ao final non me acabou de convencer, por un lado, é o tipico libro onde o protagonista foi felíz e casou cunha rapaza fermosa, e por outro lado non me convenceu o de que Ana quixera seguir sendo loba, eu poríalle outro final. Pero en difinitiva gustoume, é entretido.
Enviar um comentário